O Comité das Rexións celebrará en 2020 en Galicia unha reión sobre o modelo de turismo do Camiño de Santiago

O Goberno galego impulsa unha nova liña de axudas cunha dotación de máis de 500.000 euros co obxectivo de incentivar o turismo de congresos, seminarios e convencións na antesala do Xacobeo 21.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2019 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Comité das Rexións decidiu celebrar o próximo ano en Galicia unha reunión que terá como asunto o Camiño de Santiago como un modelo de turismo "distinto" no ámbito europeo.

Así o acordaron os membros do comité nunha votación celebrada este luns en Bruxelas, onde a candidatura galega impúxose á proposta da cidade alemá de Wismar, capital de Mecklemburgo Noroccidental.

Nun comunicado, a Xunta destaca que a elección do Comité das Rexións "permitirá subliñar o carácter europeísta" de Galicia como "etapa final do Camiño de Santiago", así como "estreitar os vínculos" cos países da Unión Europea.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, afirmou que o Camiño "representa un bo exemplo" para outras rexións europeas "que buscan un modelo de turismo capaz de axuntar o desenvolvemento económico e a competitividade, coa sustentabilidade dos recursos naturais e o patrimonio".

Peregrinos no Camiño de Santiago. XUNTA - Arquivo
Peregrinos no Camiño de Santiago. XUNTA - Arquivo

AXUDAS PARA TURISMO DE CONGRESOS

O Goberno galego impulsa unha nova liña de axudas cunha dotación de máis de 500.000 euros co obxectivo de incentivar o turismo de congresos, seminarios e convencións na antesala do Xacobeo 21.

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a orde de axudas, dirixida a entidades organizadoras deste tipo de eventos e coa que a Xunta busca potenciar a actividade congresual en Galicia pola súa capacidade "descentralizadora" do turismo.

Trátase, ademais, dun dos obxectivos fixados no Plan Estratéxico do Xacobeo 21 para "aproveitar a capacidade de diálogo e intercambio cultural" do próximo Ano Santo. A convocatoria ascende a máis de 500.000 euros e subvencionará actividades desenvolvidas entre o 1 de setembro deste ano e ata o 20 de setembro de 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CrazyJail

Encántame oir falar á Xunto diso do "Ano Santo". A Igrexa é o que ten, fe e moitos amantes dos aniños santos... O vindeiro Xacobeo será un Orgullo :-D para a igrexa galega, perdón polo de galega (xa nen cristiá é). Nen un peso para o Xacobeo! Froilán presidente da Xunta!!