Minutos de silencio e concentracións para "fulminar" a violencia de xénero tras o crime de Valga

O colectivo feminista insta a "rebelarse e alzar a voz contra os maltratadores" e a ter "tolerancia cero cos discursos e actitudes machistas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia



Durante a mañá deste martes sucedéronse nos distintos concellos galegos e institucións de ámbito autonómico minutos de silencio e concentracións en recordo do tres vítimas de Valga (Pontevedra), para mostrar o rexeitamento social a este "brutal crime machista" e instar a "fulminar" a violencia de xénero.

Seguindo unha convocatoria a nivel de toda Galicia, os distintos concellos celebraron sobre as 12,00 horas, ante as Casas Consistoriais, minutos de silencio en recordo das vítimas do crime. Do mesmo xeito, as concentracións repetíronse ante as subdelegacións do Goberno nas catro provincias, entre elas en Pontevedra, na que participou o delegado do Goberno, Javier Losada.

Tamén na escalinata principal do Hórreo, os traballadores e integrantes do Parlamento de Galicia gardaron un minuto de silencio en repulsa por este crime.En declaracións aos medios, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembrou que este é "un problema de todos, no que todos" deben "colaborar".

Persoal do Parlamento concéntrase e garda un minuto de silencio polo crime de Valga.
Persoal do Parlamento concéntrase e garda un minuto de silencio polo crime de Valga. | Fonte: Europa Press

Ademais, o Pleno do Congreso gardará este martes un minuto de silencio para mostrar a súa repulsa contra o triplo crime machista.

CONCENTRACIÓNS FEMINISTAS

Para o mércores, varios colectivos feministas convocaron concentracións e marchas de protesta por este caso en multitude de puntos de Galicia. En concreto, polo momento suman máis de 50 actos de repulsa.

Así, as concentracións desenvolveranse entre as 20,00 e as 20,30 horas en puntos como A Coruña (Obelisco), Ames (Praza da Mahía), Santiago (Praza 8 de Marzo), Lugo (Concello), Ferrol (ante a Xunta), Ourense (Parque San Lázaro), Vigo (Marco), Pontevedra (Audiencia) ou Valga (Plazuela).

Ante a "conmoción" por este novo crime, o colectivo feminista insta a "rebelarse e alzar a voz contra os maltratadores" e a ter "tolerancia cero cos discursos e actitudes machistas".

Así, lembran a circunstancia de que só una das tres mulleres asasinadas aparecerá como vítima de violencia de xénero. "Queremos e reclamamos medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos que garantan que se poida avanzar na formación de todos os axentes que interveñen na educación, sanidade, prevención, xustiza e atención ás mulleres que sofren violencia de xénero", explicou o colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta