Cambian o trazado da autovía Santiago-Lugo para minimizar o impacto sobre a serra do Careón

O novo trazado entre Melide e Palas de Rei tenta protexer as poboacións de serpentinófitos presentes na zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente informa de que se desbloquean as obras no tramo entre Melide e Palas de Rei na futura autovía que unirá a Santiago con Lugo, para o que se suprimirá o viaduto de Careón co fin de non afectar a unha Zona de Especial Conservación (ZEC) nesta serra e protexer á flora existente.

Nun comunicado, a Xunta sinala que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu informe sobre a modificación do trazado en planta e alzado, de forma que terá un ancho de mediana convencional para minizar as afeccións na serra do Careón.

Patrominio Natural informou desta alternativa con eliminación do viaduto, o que reduce a ocupación en planta en 18 metros. De tal forma, o deseño do viaduto do río Seco pasa a configurarse como unha única estrutura apoiada en pilas centrais, o que minimiza a ocupación.

Con esta nova opción búscase a protección das poboacións de serpentinófitos presentes na zona, cun aumento da superficie dispoñible para a posta en práctica de medidas de reforzo poboacional.

Segundo informa Medio Ambiente, extremaranse as precaucións para a protección da flora coa elaboración para todo o tramo dun plan e programa de reforzo poboacional para a reintroducción de especies de flora serpentínica afectadas dentro o ámbito de ocupación da obra.

Área de protección da RN2000 do Careón con especies endémicas galegas
Área de protección da RN2000 do Careón con especies endémicas galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta