Benigno López, no punto de mira

Todos, menos o PPdeG, piden a dimisión do Valedor do Pobo por posicionarse a favor da suspensión da Lei da Dependencia. A vicevaledora Dolores Galovart anunciou a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2012 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

"Conviría, ao mellor, deixar en suspenso a aplicación da lei", dixo este venres o Valedor do Povo en alusión á Lei de Dependencia tras dar conta no Parlamento do informe anual das queixas presentadas ante a súa oficina. Unhas declaracións que provocaron a indignación da maior parte dos partidos da esquerda, desde os dous que forman parte da oposición no Parlamento, BNG e PSdeG, ata outros coma Esquerda Unida, Máis Galiza, EI ou mesmo entidades sociais da comunidade. Todos eles piden a dimisión de Benigno López.

None

 

Unhas reaccións que, ademais, provocaron que Dolores Galovart, vicevaledora nomeada polos socialistas, enviara unha carta a Benigno López na que anuncia a súa renuncia ao cargo porque súa "opinión totalmente contraria" as declaracións feitas polo Valedor.

 

Cese

 

"Ten que cesar de maneira fulminante", dixo o  secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, quen felicitou a Galovart pola súa coherencia. Tamén o candidato do BNG no Congreso, Francisco Jorquea, pediu o cese de López por "non protexer" os dereitos que, como Valedor, "tería que protexer". Tamén EU o Máis Galizia téñenlle pedido a súa dimisión.

 

Por outra banda, o PP, lonxe de pronunciarse sobre as declaración do Valedor, ten criticado a decisión de Dolores Galovart de renunciar ao seu cargo.

 

Desde o Valedor do Pobo remitiuse un comunicado aos medios no que queren mandar unha "mensaxe de tranquilidade" ante as "inexactitudes difundidas por algúns medios de comunicación" e no que "ratifica o seu compromiso de defensa dos seus dereitos, para aclararlles que, sen ningunha dúbida, constitúen unha prioridade no desenvolvemento da súa tarefa". Por iso, remitiron as declaracións textuais que o Valedor fixo na Comisión:

 

                               LITERALIDADE DA INTERVENCIÓN ANTE A COMISIÓN Minutado (1h:45 min)


  O problema da dependencia tratouse, con toda a boa intención do mundo,  a través dunha lei extraordinariamente xenerosa. Foi un erro, creou unhas expectativas imposibles de cumprir, ata o punto de que, e por unha sinxela razón, non había unha dispoñibilidade presupuestaria, non había un respaldo orzamentario con que facer frente ao que se aveciñaba. Polo tanto creo que é unha lei que naceu morta.


Seguindo os pasos desa boa vontade inicial, se está tratando de mitigar aquel erro, se buscan saídas, eu non sei cal é a saída, non o sei. Se a soubera faltaríame tempo para aportala aos dirixentes políticos e que a puxeran en marcha.


Unha das saídas podería ser aportar máis diñeiro, creo que na situación que estamos a vivir e difícil, por non decir imposible. Outra solución?  A que se está adoptando, priorizar a atención aos grandes dependentes en detrimento doutros dependentes, podemos chamalos severos ou moderados, pero non podemos olvidar que eses dependentes severos ou moderados en pouco tempo desgraciadamente vanse convertir tamén en grandes dependentes na maior parte dos casos.


Por tanto, non sei cal é a saída. Pero aquela lei que naceu morta ao mellor en pouco tempo entra xa en fase de descomposción. Polo tanto non lles podo dicir cal e o (…) O mellor, non o sei, ó mellor estou dicindo unha cousa sen sentido, pois convendría ó mellor deixar en suspenso a aplicación da lei ata que teñamos a sorte de vir a mellor fortuna. Non o sei. Eso é unha labor que lles corresponde a todos vostedes, como integrantes de cámaras lexislativas. Eu non faho máis que apuntar unha problemática puntual neste tema.


-En todo momento, e en intervencións precedentes, a institución do Valedor do Pobo sempre se amosou contraria aos recortes en materias con carga social, especialmente sensibles entre a sociedade galega, algo que reiterou onte tamén na comparecencia nos seguintes termos, valorando o exemplar comportamento dos galegos que se están vendo afectados dunha ou doutra maneira por eles e reclamando dos poderes públicos máis información, exactitude e un halo de optimismo para poder vislumbrar a saída do túnel.


                TRASCRICIÓN LITERAL (1H40 MIN)


Entendo tamén que o pobo galego, ao igual que o español, teña madurez suficiente, e o está demostrando, para asumir esta nova situación coa que non pensaba. Pero asume, é un pobo sacrificado e consciente da realidade que lle rodea.


O que ocorre e que esos recortes, esas medidas que provocan sufrimento á sociedade e aos cidadáns en xeral teñen que entenderse como xustas necesarias e eu diría máis como imprescindibles, teñen que verse nesa medida.


Dende a institución non agora, sempre, propugnamos que haberá que facer recortes, que serán necesarios, pero que en determinadas materias que eu considero sociais por afectar aos principais dereitos fundamentais das persoas como pode ser materia de dependencia, de sanidade ou educación, creo que habería que facer os mínimos, é máis, os imprescindibles. Cando non haxa outro remedio. Porque estamos falando de determinados dereitos que teñen un aspecto esencial e fundamental para a vida cotiá da cidadanía e para a defensa e salvagarda dos seus dereitos.


Os tres aspectos esenciais sobre os que os recortes deberían ser mínimos serían educación, sanidade e dependencia.


Dende a institución do Valedor do Pobo tramítanse cantas queixas de cidadáns ase reciben. É a única institución que sempre da resposta aos escritos achegados e coa maior premura posible. Os asuntos de marcado carácter social, tal e comos e pode constatar no Informe Ordinario 2011, veñen marcado a actividade do pasado exercicio, ocupando Dependencia grande parte das actuacións desta área que superaron o medio milleiro de reclamacións. A institución do Valedor sempre foi sensible aos problemas dos cidadáns dependentes, un grupo de poboación vulnerable, que ten adquirido dereitos que os poderes públicos teñen que asumir.


A institución ten a porta aberta para recibir a cantos dependentes e cidadáns en xeral desexen reclamar por compoRtamentos incorrectos das administracións ou vexan vulnerados os seus dereitos, hoxe neste contexto económico, máis que nunca.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

9 galicecos

A quen teremos que acodir para facer valer os nosos dereitos? Coma imos definir a figura do Valedor de pobo?

8 Akribéstaton

Tu entendes a crítica como um ritual de desafogo para "coesar" a seita. Com esse apoio o BNG envergonhou a muitos dos seus votantes desque se soube quem era o senhor. O problema é que tudo indica que o BNG voltaria a fazer o mesmo. Este é o problema.

1 Akribéstaton

O anterior para 7.13

7 Rayleigh

Pois nada meus..Que siga Benigno por moitos anos. O PP e GB necesitano, e os do NPC ou como queira que se chamen, necesitano para seguir arreando ó BNG, que é o que importa. Menuda panda!! Sempre o mesmo! Cansinos, aburridos, enconados,.. Non pasan páxina e se unen as críticas aínda que se caiga o mundo. E como os lusistas que unhas das cousas que din, para manter a súa delirante postura, é que "a RAG nomeou a Franco, académico honorario..NOS ANOS 40". Temos o que nos merecemos: PP Forever! Ah..é o que máis noxo dá, e velos coincidir co PP en que o bipartito foi un fracaso. Nin sequera son capaces de dicir algo bó no seu profundo odio. Por iso..que siga o PP e Benigno moitos anos máis!! Así poderemos seguir perdendo o tempo nos foros de internet.

1 Rayleigh

Ou como a CdC...moito arrearlle ó BNG que seguira coa obra, pero logo celebran paparotas para celebrar a súa 5º saída do BNG, nela. Feijoó e os pepeiros estánse escarallando coa risa polo espectáculo que dan algúns. Non necesitan campaña. Xa a fan os to.tos útis por eles.

2 Akribéstaton

Outro portento capaz de responder a todos e a todo como adoitam fazer os presidentes de governo com os grupos parlamentares minoritários. Se está a governar o PP (elegido COM ENTUSIASMO pelo povo galego) será porque da outra beira há demasiada gentinha como tu, um dos mais assíduos destes foros que tanto criticas. Perder o tempo é o que faz a CIG (e os outros sindicatos) protestando na rua SEM FAZER nada (sim, de quando em vez organizam cursinhos...). Pelo que a gente diz: estes da outra beira muito berram e protestam mas em trinta anos não foram quem de construir nada. Se queremos trabalho temos de ir vender-nos ao mercado dominado pelos capitalistas. E não esqueças: Benigno López está ai com os votos de Quintana e Lobeira, envergonhando a qualquer um.

3 Rayleigh

Home akribe!! Deixame que adiviñe. A ti te importa moi pouco o que eu diga sempre é cando non me meta cos lusistas, mentras ca ti podes meterte cos demais, non? Non rapaz, non. O PP goberna por que na outra beira andan a voltas sobre se saímos ou non do BNG ou poñer a parir os nosos compañeiros. Non perdoades nada e sempre prestos a facerlle os coros ó PP que di o mesmo ca vos (casualidade? non o creo)..Ah mente privilexiada. O tal benigno, poida que estea cos votos do BNG. Pero din que rectificar é de sabios e o BNG estano facendo. Algo que VOS non queredes. E outra cousa..Benigno TAMÉN ESTÁ COS VOTOS DO SOE!! Pero XAMAIS recordades isto. Tamén está cos votos de PACHI E TOURIÑO. Memoria selectiva quizais? Era un bipartito, pero aquí, polo k.raio recordades a outra parte. Non!! que iso é da U! Que non se vaia NUNCA o tal benigno, verdade akribe?

4 Rayleigh

Ah...é o PP está gobernando, máis que polos erros do BNG pola xente coma ti. Que presumides de nacionalistas (aínda que ti recordo que non eras nacionalista) e logo a quen máis arreades é o BNG (nin o PP nin o SOE existen para vos). Eso si..sempre coa vosa máxima favorita: ten que facer autocrítica. Aquí vemos como o BNG tenta solucionar algo, e xa se ve o apoio cando fai autocrítica...Como é iso? Ah si: Consellos dou que para min non quero. En isto, si que sodes uns expertos.

5 Akribéstaton

Sobre #3. Boa empada tens. 1) Tu atentas contra a razão: a referência aos lusistas só é mais uma mostra do teu delírio. 2) O PP (ou AP) leva governando Galiza desde tempo imemorial: a esquerda limitou-se a estragar duas (ou uma e media) oportunidades. 3) Eu sou crítico com os que requete-marcharam do BNG (sobretudo pelos modos e pela vacuidade de seu discurso político). 4) A minha prioridade é tentar de esmagar os fundamentos do que representa o PP (como se pode comprovar facilmente). 5) O BNG tinha que ter rectificado uma semana depois de dar o seu apoio: já na altura cheirava o peixe.

6 Akribéstaton

Mais sobre #3. 6) Eu, se não explicitas o alcance desse VOS, não pertence a mais VOS que o daqueles que priorizam a transparência, a participação e a responsabilidade por acima de tudo. 7) O PSOE? O PSOE votou a quem é como ele, isso é lógico. Tourinho e Vázquez atacam ao PP porque querem estar eles, mais nada. É o BNG quem se pretende nacionalista e transformador. 8) Precisamente: por estardes no governo tragastes Benigno López.

7 Akribéstaton

Sobre #4. Eu "arreio", fundamentalmente, ao PP e ao PSOE. O problema é que na outra beira há gente como tu interessada em remexer tudo para encaixá-lo no seu leito de Procusto. Eu não li por nenhures ao Lobeira, Quintana ou Báscuas dizendo: "Lo siento. Me he equivocado y no volverá a pasar". Melhor dizendo: "Reconhecemos o profundo erro cometido ao darmos apoio à candidatura de Benigno López para o cargo de valedor do povo. Na altura considerávamos que manter a entente com o PSOE era uma prioridade para poder governar e favorecer ao povo galego. Agora aprendimos que O FIM NÃO JUSTIFICA OS MEIOS. Que não se pode chegar a um mundo melhor se escolhemos aos piores." Falta R E S P O N S A B I L I D A D E. (Com certeza, não só no BNG, também estão afectados +Galiza e Encontro Irmandinho).

8 Rayleigh

Ah...amiguiño. Por fin nomeas o SOE. Pero espera..PARA XUSTIFICALO!!? Case fasme chorar cos teus denodados intentos contra o PP (esmagar dis). A ver rapaz. Ti e os que son coma ti, politicamente falando, non tedes nin media os.ia. Pero iso si, logo EXIXIDES que en poucos meses, se resolvan as desfeitas que o PP leva facendo en décadas. Coma nenos mal criados que queren as cousas rápidamente e no momento. E sobre todo, botándolle a culpa a un partido que só tiña 16 % dos deputados!! Non..non sodes inocentes. Vos tedes gran parte da culpa de que goberne o PP per secula seculorum. Pola vosa total ausencia de compresión da política e do que custa cambiar de rumbo cuns medios moi limitados. Expliqueime con claridade? Bonitos politiquillos estades feitos.

9 Rayleigh

Non...ti queres que se fustiguen (literalmente) con látego de púas, que se fagan sangue, se axeonllen e vaian as covas lusistas a pedir perdón un por un de xeonllos. Que ti arreas a quen? Non me fagas rir!! Atopar aquí, algúnha crítica o SOE, case é imposible. E o PP seica debe gobernar noutro país, xa que parece que non importa moito. Ti segue pensando que chegar a acordos é cousa que hai que evitar. Iso é o que quere o PP!! O dito...o PP non ten que facer campaña electoral. Xa llela dades vos feita!! Falas de RESPONSABILIDADE? CONSELLOS TEÑO QUE PARA MIN NON QUERO. Nas tabernas, cambianse as cousas en 5 minutos. Na realidade, leva un pouquiño máis de tempo. Pero esto sóavos a chinés, verdade? E por suposto: Que Benigno continúe moitos anos máis!!

10 sara

Xa o coñecemos, non perdamos o tempo co racial palanganeiro do poder, menguado e desfeito, mais poder ao cabo. O Ray é un canciño que defende a casa do amo, seguramente a cambio dun óso sen importarlle que segue encadeado. Ladra en defensa do BNG como podería facelo polo PP ou polo PSOE (tan malo é que agardades pactar onde tedes unha oportunidade, verdade). O comportamento do BNG só obedece ao mesmo obxectivo: detentar o poder (seguramente para alimentar os canciños famentos). O do valedor é unha mostra de como os partidos deixaron en segundo lugar a tranformación da sociedade, a prioridade está en conservar a caste política como os escollidos (e aquí non veredes diferenzas entre os tardofranquistas do PP cos marxistas-leninistas da UPG). Dietas sen fiscalizar, xubilacións douradas, pluses altos cargos, consellos de administración para retirarse, asesores á esgalla... E non, non esperedes disculpas, cada vez disimulan menos a fame.

11 Akribéstaton

O Rayleigh está empenhado em acabar com qualquer resto de prestígio ou dignidade no BNG. Em todo o que diz só há falsidade, mentira, (pretensa) desqualificação pessoal e vulgaridade. Que melhor retrato que o próprio original. Reconhecer abertamente um erro é "lacerar-se", segundo o senhor. Não é mister que digas mais.

12 Akribéstaton

13 Rayleigh

Grazas Sara polo teu apoio. Si, cando non hai argumentos volvemos o tema da U. Menuda parrafada rapaza, para dicir que a min me paga a U. Mal imos, se con esos "argumentos" ides a pedir votos. Que sucede? Non hai programa? Non hai partido? Os politiquillos que tedes non os coñece nin a súa nai e a ver se pillamos algún despistado do BNG? O dito, cansinos e aburridos. Pero akribe...agora poñes un post de santurrón preocupado polo "prestixio" do BNG? Dende cando? Igual cas túas críticas o SOE? E moi ilustrativo as críticas ó bipartito de sesudos foreiros: un bipartito no que SÓ UN TERZO era do BNG, este partido, lévase o 99% das críticas pola "suposta" mala xestión nos foros. Canta demasiado a xenreira sen sentido, non credes?

6 Antón

Vaia nivel que ten o personal! no seu autismo, lonxe de comemtar unha declaración tan inhumana, limitanse a tentar sacar reditos persoanais co xa aburrido discurso Bloque, cindidos. E logo van de salvapatrias, de conectar coa sociedade.

5 celidónio

O Benigno é todo o contrário do que o seu nome indica. Mui na órbita do PP. Mais os que deberían pedir disculpas -e mesmo dimitir- son os deputados do PSOE e do BNG que o colocaron de Asoballador do Povo. E de paso pensemos en suprimir unha institución que só serve para a lavar a mala conciencia dos políticos de turno, co que se aforra podemos atender a quen de verdade o precisa.