Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/09/2019 | Actualizada ás 20:04
O programa 'Conectadas 2019' da Deputación de Pontevedra organiza ao longo desta semana un total de 35 cursos destinados a máis de 600 mulleres de 13 municipios da provincia.
De feito, este martes impartíronse dez cursos. En Bueu, tivo lugar un curso de risoterapia no que participaron 21 mulleres da Asociación Española contra o Cancro e que se repetirá todos os martes e os venres ata o próximo 3 de setembro.
En Cambados, tamén este martes comezou o curso de 'Cociña e alimentación. Hábitos saudables', do que formaron parte 19 integrantes da Asociación de Veciños de San Vicente. Impartirase de forma semanal ata o 17 de decembro.
Pola súa banda, en Lalín arrincou este martes un taller de pilates para 15 mulleres da Asociación en Igualdade de Vilatuxe ata o 9 de xaneiro. Ademais, en Redondela iniciouse un taller de 'Relaxación e manexo da tensión: momentos en calma' para 15 mulleres da Confraría de Pescadores San Xoán e que se impartirá ata Noiteboa.
En canto a Vigo, celebráronse tamén alí cursos de 'Cociña e alimentación. Hábitos saudables', con 17 persoas; e outro de risoterapia, con 20 participantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.