Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 14:15
O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao (Cervo), Xosé Paleo, asegurou que se mantén o calendario de mobilizacións, a pesar da reunión que mantiñan esta semana coa ministra de Industria, Reyes Maroto, en Madrid, onde sacaron unha impresión "moderadamente positiva".
"Imos continuar co calendario de mobilizacións, con datas fixadas e outras pendentes de establecer. Xa dixemos que segundo evolucionase o asunto ese calendario era susceptible de modificarse, ou ben para ampliarse ou ben para reducirse", puntualizou.
Ademais, o presidente do comité de empresa considera que a próxima cita electoral "vai condicionar o futuro" da planta de Alcoa na Mariña de Lugo. Sobre a reunión, insistiu en que foi "moderadamente positiva" porque a situación "xa levaba a que seguro que ía ver outra vez eleccións". "E ata que vexamos como se van concretando esas promesas da ministra non nos vai a quedar outra que seguir coas protestas porque as cubas seguen paradas", resaltou.
Precisamente son 32 cubas das máis de 500 de electrolisis, as que seguen paradas, e Paleo advertiu que por parte de Alcoa non houbo ningunha noticia de "cando van volver a arrincar". "Volverán arrincar cando as condicións o permitan, que é o mesmo que dicir que non o sabemos, o mesmo pode ser a semana que vén que non cremos, como pode ser un ano", subscribiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.