Condenan os pais dun menor por consentir que o seu fillo acumulase 3.557 faltas de asistencia a clases

A maxistrada xuíz considerou que os acusados "incumprindo os deberes de asistencia e coidado aos que están obrigados respecto do seu fillo menor de idade, e con pleno coñecemento, consentiron que non asistise regularmente a clases".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

Os pais dun menor do Carballiño recoñeceron este luns a súa responsabilidade nas reiteradas faltas de asistencia a clases do seu fillo, chegando a acumular un total de 3.557 ao longo de varios cursos académicos.

Nun primeiro momento, o Ministerio Fiscal solicitaba para os proxenitores seis meses de prisión por un delito de abandono de menores, pero finalmente o avogado da defensa e a Fiscalía chegaron a un acordo, despois de que os procesados recoñecesen os feitos, polo que se lle impón unha pena a cada un deles de seis meses de multa a razón de 4 euros ao día.

Neste contexto, a maxistrada xuíz considerou que os acusados "incumprindo os deberes de asistencia e coidado aos que están obrigados respecto do seu fillo menor de idade, e con pleno coñecemento, consentiron que non asistise regularmente a clases".

Así mesmo, a sentenza recolle o informe de absentismo escolar do menor que suma en total 3.557 faltas ao longo de sete cursos académicos, empezando no curso 2010-2011 ata decembro do 2018. Os proxenitores tan só xustificaron 214 faltas das 224 que o menor tivo no curso escolar 2014-2015.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta