O Concello de Pontevedra busca reducir a temporalidade do seu persoal con procesos de selección

Na actualidade están en marcha procesos selectivos de persoal funcionario para cubrir as 38 prazas vacantes que corresponden á oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra completará o persoal dos distintos servizos. A concelleira de Persoal, Carme Fouces, explicou este mércores en rolda de prensa que iso representa unha directriz que trasladou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores no seu discurso de investidura, e que segue o Servizo de Persoal desde o verán para conseguir baixar a taxa de temporalidade ao 8%.

A concelleira nacionalista fixo balance na súa comparecencia das Ofertas de Emprego Público (OEP) que están vivas no Concello, así como a previsión para 2020. Actualmente están en marcha procesos selectivos de persoal funcionario para cubrir as 38 prazas vacantes que corresponden á oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

Do total desta convocatoria, Fouces indicou que unha das partes que máis se vai a "fortalecer" é o persoal de Policía, que cubrirá practicamente todas as vacantes. Respecto diso, explicou que se trata dun corpo que consta de 125 efectivos e que quedarían media ducia de prazas pendentes por diversas casuísticas, como, por exemplo, por mobilidade horizontal.

Segundo a lei galega, unha de catro prazas de policía que se convoquen deben ser para mobilidade entre concellos, polo que en moitos casos toman posesión no Concello de Pontevedra e volven marchar, sendo postos que quedan sen o titular e que non se poden cubrir por interinos porque tampouco o permite a lei. No caso dos bombeiros, explicou que de 42 efectivos están cubertas 39 prazas, polo que quedan pendentes por cubrir unha de sarxento, unha vacante e unha próxima xubilación.

ANO 2020

Carme Fouces informou, ademais, que nas próximas semanas comezarase a negociar as 14 prazas previstas para o ano 2020 e que, por primeira vez, incluiranse prazas para persoas con discapacidade. A concelleira tamén sinalou que este esforzo por cubrir estes postos permitirán baixar a taxa de temporalidade ao 8%, que é o que se esixe por lei, cubrindo o maior número posible de prazas con funcionarios de carreira.

"Non podemos aínda dar o dato ata que finalicen os procesos pero esperamos que para o principio do 2020 esteamos nesas cifras", asegurou Fouces. Como exemplo, citou que o Concello conta con 74 postos de administrativo, que é o dobre que hai 10 anos, dos cales para o ano que vén estarán cubertos practicamente o 100% con funcionarios de carreira. O goberno local espera ter os procesos selectivos resoltos a finais de outubro, "ou en novembro como moi tarde".

Miguel Fernández Lores alcalde de Pontevedra
Miguel Fernández Lores alcalde de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta