Atopan morto nun pozo un septuaxenario ao que buscaba a súa familia en Muíños

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/09/2019 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias rescataron o corpo sen vida dun septuaxenario que foi localizado no interior dun pozo despois de desaparecer do seu domicilio en Albite, no municipio de Muíños (Ourense).

Coche do Seprona
Coche do Seprona | Fonte: GARDA CIVIL

Así o informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que atribuíron a un "accidente" a morte deste veciño de Albite de 71 anos, que vivía só, cando acudiu a desatascar un pozo de captación de auga no pobo.

O home desprazouse ao lugar onde se atopa o pozo para comprobar que pasaba e desatascalo, relataron as mesmas fontes, que apuntaron que "se meteu de cabeza, pero quedou un pé enganchado e, ao non poder sacalo, afogouse", a pesar de que había pouca auga nese momento.

Segundo informou o 112 Galicia, foi a familia quen, pasada a medianoite, deu a voz de alarma tras varios intentos errados de contactar co home.

A partir de aí, activouse un operativo de busca que finalizou sobre as 1,30 horas deste xoves coa localización do cadáver dentro dun pozo no Monte do Tapado.

Por parte do 112 Galicia pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero só puideron confirmar o falecemento deste veciño da parroquia de Prado de Limia. No operativo de procura participaron os membros do GES de Muíños en colaboración cos axentes da Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta