As administracións locais poderán acceder desde este venres a axudas para contratar vítimas de violencia de xénero

O prazo será dun mes a partir deste venres e os contratos que se realicen deberán formalizarse por parte da entidade bancaria antes do 10 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves unha segunda convocatoria da orde de axudas a entidades locais para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero. As subvencións, que contan cun orzamento total de 538.551,68 euros, poderán ser solicitadas a partir do venres.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que destaca que esta segunda convocatoria financiada no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, realízase tras esgotarse o crédito de 800.000 euros reservados na primeira convocatoria e dado o volume de solicitudes presentadas.

Deste xeito, o obxectivo que se consegue con esta ampliación é que todas as entidades locais que cumprían os requisitos da convocatoria publicada no pasado mes de maio poidan beneficiarse destas axudas para levar a cabo a contratación de vítimas de violencia de xénero que permitan o seu acceso ao mercado laboral.

Para iso, subvencións destinaranse a financiar a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades.

Así, a Secretaría xeral de Igualdade destacou que con esta actuación, que "supón un importante esforzo económico", a Xunta "reafirma o seu compromiso coas vítimas de violencia de xénero, ás que lles ofrece os recursos necesarios para contribuír a que as mulleres alcancen unha maior autonomía".

A presentación das solicitudes realizarase a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. O prazo será dun mes a partir deste venres e os contratos que se realicen deberán formalizarse por parte da entidade bancaria antes do 10 de novembro.

016, Teléfono Axuda Malos Tratos, Violencia De Xénero. EUROPA PRESS - Arquivo
016, Teléfono Axuda Malos Tratos, Violencia De Xénero. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta