Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 18:32
Dous terremotos foron rexistrados na xornada do mércores nos municipios de Ribeira, na provincia da Coruña, e Cuntis, en Pontevedra.
Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro deles tivo lugar ás 4,34 horas da madrugada en Cuntis, a unha profundidade de 17 quilómetros e alcanzou unha magnitude de 2.1.
Posteriormente, ás 21,56 horas foi rexistrado outro tremor na costa de Ribeira, a unha profundidade dun quilómetro e que tamén alcanzou unha magnitude de 2,1.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.