Os traballadores do Concello de Ourense esixen ao alcalde que cese nos seus "ataques" e "difamacións"

A xunta de persoal acordou por unanimidade emitir este comunicado, no que expresa o seu rexeitamento á actitude do rexedor Gonzalo Pérez Jácome.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A xunta de persoal do Concello de Ourense emitiu un comunicado no que reclama ao rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, que cese nos seus "ataques" e "difamacións" contra os traballadores municipais.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

Nunha reunión celebrada o pasado 13 de setembro, a xunta de persoal acordou por unanimidade emitir este comunicado, no que expresa o seu rexeitamento á actitude de Pérez Jácome e pide ao Partido Popular, socio de Democracia Ourensana no goberno da capital provincial, que "se manifeste publicamente sobre os improperios do alcalde cara aos que ata non fai moito eran os seus traballadores".

Así, censuran as "constantes e ofensivas declaracións, acusacións e difamacións" do rexedor "cara a todos os traballadores da Administración, que dependendo do servizo son vertidas con maior ou menor grao de inquina".

Por iso, reclaman a Jácome que "en primeiro lugar cese os seus continuos ataques" cara aos traballadores do Concello que el encabeza e que rectifique publicamente as "reiteradas agresións manifestadas tanto en medios de comunicación como en redes sociais".

Así as cousas, a xunta de persoal informa que solicitaron unha reunión co grupo municipal do PP para solicitar a posición dos populares sobre a actitude do alcalde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Jácome é o único alcalde duha cidade galega que non ten nen o bacharelato. Non ten estudos de nada. ( !Non sei que de sonido, algo moi apropiado para ser alcalde !) Non ten formación, nen algo parecido a educación, nen nada de nada. So parece acumular resentimento contra os funcionarios. Todo eso leva a que o único que sabe facer é montar broncas barriobaixeiras e lios.O seu sitio non é a Alcaldía dunha cidade galega.

2 Moine

E que queredes? É o que a gentinha votou, agora a chorar ao cimeterio.

1 campaneiro nacionata

vexan as xa celebres CRONICAS DE HORROURENSE!!! o que esta facendo e indignate e o pepeiro esta sendo complice de todos os horrores!!!!