Feijóo anuncia máis bolsas para mozos e mozas do exterior

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou este sábado por reforzar o vínculo interxeracional "a un e outro lado do Atlántico" a través de programas e axudas que a Xunta ofrece a mozas do exterior.

Neste sentido, asegurou que o obxectivo é que Galicia "se converta nunha oportunidade que aproveitar", e referiuse a iniciativas "históricas" como 'Conecta con Galicia' e outras que permiten coñecer este territorio desde un punto de vista formativo.

Así o trasladou durante un encontro coa colectividade de Mar da Prata, onde lembrou que este mesmo ano uns 150 mozos do exterior cursarán un máster nas universidades galegas a través das bolsas de excelencia mocidade exterior, e unha oferta para cursar estudos de FP de grao superior, e de 100 bolsas de 10.000 euros "para facelo posible".

"Queremos que os mozos galegos do exterior teñan a oportunidade de vir a Galicia a vivir experiencias e formarse", insistiu, e asegurou que este "sempre será unha terra coas portas abertas" para este colectivo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa colectividade galega en Mar de Prata. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa colectividade galega en Mar de Prata. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Un millón de euros en votos cantos votos son ?