A Comisión Europea distingue a Galicia coa máxima cualificación como "referencia" en envellecemento saudable

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Comisión Europea outorgou a Galicia a máxima cualificación como "rexión de referencia" no desenvolvemento de prácticas innovadoras para o envellecemento activo e saudable, segundo informa este sábado a Xunta.

Este recoñecemento enmárcase na terceira convocatoria da iniciativa 'European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing' (EIP on AHA), que podería traducirse como a Alianza de Innovación Europea para un Envellecemento Activo e Saudable.

Neste programa, Galicia conseguiu a acreditación de catro estrelas dun máximo de catro posibles, o que implica que a Comunidade ascendeu de nivel despois de conseguir tres estrelas na edición pasada. En concreto, este galardón será entregado este mércores, día 25 de setembro, na localidade de Aarhus, en Dinamarca.

Para este distintivo, asegura o Goberno galego, a Comisión Europea tivo en conta iniciativas "que demostran a excelencia no desenvolvemento de prácticas innovadoras" para o envellecemento saudable e que están baseadas nos ámbitos da industria, a sociedade, a academia e as autoridades.

Como contribución á transformación dixital europea na asistencia sanitaria, a Xunta destaca a Historia Clínica Electrónica do Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como a plataforma E-Saúde, que permite acceder a servizos e contidos personalizados aos cidadáns.

Outros proxectos do Sergas destacados na convocatoria foron 'HEXIN', a plataforma de explotación de información e xestión de datos clínicos e epidemiolóxicos; 'SAVAQ', un sistema de xestión cirúrxico; e 'SIGUR', unha aplicación de xestión intelixente de servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada.

A Comisión tamén valorou proxectos de compra pública innovadora como 'Código100', centrado no envellecemento, e a participación en proxectos europeos como o desenvolvemento dunha acción piloto para probar o modelo 'Living Lab' de saúde en Galicia, que tenta converter aos hospitais galegos e centros de saúde en contornas para probar solucións innovadoras.

Anciáns
Anciáns | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

teremos que estudar en que consiste o Código 100 e o Living Lab ? Seica teremos que ir a Dinamarca para coñecer Galicia ? Coma sempre...