Os galegos viaxaron un 4,1% máis no que vai de ano en transporte metropolitano que no mesmo período de 2018

A Coruña é a que conta con datos máis elevados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2019 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A cidadanía galega realizou 10,1 millóns de viaxes no primeiros oito meses de ano a través do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que supón un 4,1% máis do que se rexistrou no mesmo período o pasado ano.

Estas cifras tradúcense nun investimento de máis de 5,5 millóns de euros para a bonificación de viaxes en beneficio dos usuarios do transporte público da Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol e Lugo.

Por cidades, A Coruña é a que conta con datos máis elevados respecto ao número de traxectos que fixeron os usuarios, un total de 4,4 millóns. En segundo posto atópase Vigo, con preto de 2,1 viaxes, despois Santiago, Ferrol e Lugo con cifras de 1,9 millóns; 1,6 millóns e 83.000 desprazamentos, respectivamente.

En total, estas viaxes corresponden a un número de usuarios que utilizan o servizo maioritariamente nos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago, Culleredo, Oleiros e Ames entre outros. Respecto da provincia de Pontevedra, serían Vigo, Cangas, Moaña, Nigrán ou Redondela.

Os percorridos máis frecuentados polos usuarios son os que van desde A Coruña a Culleredo, de Ferrol a Narón, de Santiago a Ames e de Vigo a Cangas. Todos eles forman parte do Plan de Transporte Metropolitano, que ofrece viaxes gratuítas para os menores de 19 anos a través do cartón 'Xente Nova', que conta con máis adeptos da Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo e Lugo, por esta orde.

Desde que se implantou esta iniciativa, o obxectivo é fomentar o uso do transporte público colectivo á vez que se axuda de forma importante a economía das familias cun desconto medio do 50%, explicou a Xunta nun comunicado este sábado.

Autobús urbano Santiago de Compostela
Autobús urbano Santiago de Compostela | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta