Dous accidentes na Estrada con varios coches implicados deixan catro feridos, dous deles excarcerados

Trasladan a unha persoa tras saírse co seu vehículo da AP-9 á altura do barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

Por E.P. | A Estrada | 22/09/2019 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Dous accidentes ocorridos ao longo da noite do sábado ao domingo na Estrada (Pontevedra), nos que se viron varios coches implicados, saldáronse cun total de catro persoas feridas, das cales dúas necesitaron ser excarceradas dos seus vehículos.

O primeiro deles tivo lugar sobre as 22,00 horas do sábado, segundo informa o 112. Neste sinistro, ocorrido na PO-541 en Couso, participaron tres vehículos e dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia do suceso por unha chamada dun particular. Tras este aviso, o 112 alertou á Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES e de Protección Civil da Estrada e ao persoal do servizo de mantemento da vía. Posteriormente, o 061-Urxencias Sanitarias de Galicia procedeu ao traslado das dúas persoas feridas o centro hospitalario de referencia.

SEGUNDO ACCIDENTE

O segundo accidente rexistrado neste mesmo municipio tivo lugar na PO-841 á altura de Baloira sobre as 3,30 horas da madrugada do domingo. Nesta ocasión, víronse implicados dous turismos e foron necesarios medios de excarceración para liberar aos dous feridos.

Tamén foi unha persoa particular quen informou ao 112 do suceso. Tras recibir o aviso, a central de emerxencias alertou ao 061, aos bombeiros de Deza, aos membros do GES e a Protección Civil. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico.

Unha vez no punto, os membros do GES procederon á excarceración dos dous feridos, que foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. Ata o lugar, tamén se desprazou persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía.

SAÍDA DE VÍA EN SANTIAGO

Por outra banda, pouco despois das 23,00 horas do sábado, o 112 foi avisado dun turismo que saíu da vía en Santiago de Compostela. Unha persoa tivo que ser trasladada.

Segundo a información facilitada ao CIAE polas testemuñas que presenciaron o accidente, tratábase dun vehículo que ao saírse da estrada saltou a mediana da AP-9, á altura do barrio de Conxo. Ademais do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, foron informados os axentes de Tráfico, a Policía Local, Protección Civil e o persoal do servizo de autoestradas da AP-9.

Accidente
Accidente | Fonte: Protección Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta