Prisión provisional para cinco detidos por un alixo de 500 quilos de droga localizado Marín

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Marín inhibiuse en favor da Audiencia Nacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Marín acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o cinco detidos na provincia de Pontevedra en relación cun alixo de 500 quilos de droga intervido pola Policía Nacional a semana pasada.

Os detidos en Galicia neste operativo pasaron a disposición xudicial este domingo no xulgado de garda de Marín, tras o que se decretou o seu ingreso en prisión acusados dun delito de tráfico de drogas en cantidade notoria e outro de pertenza a organización criminal. Así mesmo, o xulgado pontevedrés inhibiuse en favor da Audiencia Nacional.

Ademais das detencións practicadas, a Policía Nacional interveu 500 quilos de droga nunha nave do lugar de Coirados, en Marín, no marco desta operación antidroga, que o xoves pasado levou a cabo cun amplo despregamento no barrio pontevedrés de Estribela e no municipio veciño de Marín, ademais de en outros puntos de España.

DESPREGAMENTO

Unidades especializadas da Policía Nacional practicaron varios rexistros e controis nas barriadas marinenses de San Pedro e de San Xulián, así como na avenida Marqués de Valterra, en Estribela, onde axentes armados inspeccionaron diferentes vehículos.

O dispositivo estivo dirixido polos efectivos do Greco Galicia (Grupos de Resposta Especializada contra o Crime Organizado), en colaboración coa Brigada Central de Estupefacientes de Madrid e axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) e do Grupo Especial de Operacións (GEO), así como outras unidades da Policía Nacional que incluíron o apoio aéreo dun helicóptero. A operación, dirixida pola Brigada Central de Estupefacientes e coordinada tamén co Greco Galicia, saldouse en Galicia con cinco detidos na provincia de Pontevedra.

Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta