A Deputación de Pontevedra reivindica a necesidade de apostar pola eficiencia enerxética

Carmela Silva di que as administracións locais teñen "o deber de impulsar medidas para frear a crise climática" e, por este motivo, a axenda ambiental é "unha política prioritaria" para o goberno provincial.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/09/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

No marco da Semana Mundial de Acción polo Clima, a Deputación de Pontevedra realizou este luns unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada polas deputadas Olga García e Iria Lamas e os deputados Gregorio Agís e Santos Héctor Rodríguez.

As deputadas e deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde a Deputación está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED. Este proxecto, do que se beneficiarán un total de 43 concellos e que conta cun orzamento total de catro millóns de euros, permitirá cambiar ata 7.519 puntos de luz que xerarán un aforro enerxético do 62%.

Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, as administracións locais teñen "o deber de impulsar medidas para frear a crise climática" e, por este motivo, a axenda ambiental é "unha política prioritaria" para o goberno provincial.

ACTIVIDAD

Actividade da Deputación de Pontevedra enmarcada na Semana do Clima.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Actividade da Deputación de Pontevedra enmarcada na Semana do Clima.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

O deputado de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, visitou xunto ao alcalde Carlos Vieitez o concello de Meaño, onde se van a substituír 315 luminarias, renovando as instalacións de iluminación e sinalización exterior, por LED, que suporán un aforro enerxético no concello do 50%. En total investiranse en Meaño preto de 100.000 euros.

Pola súa banda, en Poio e xunto ao seu alcalde, Luciano Sobral, estiveron Gregorio Agís e Olga García. Neste concello vaise a realizar unha dobre actuación para mellorar a eficiencia enerxética: nos Bens de Interese Cultural e na iluminación exterior. Así, en total, vaise a actuar substituíndo 369 luminarias por luces LED, que suporán un aforro enerxético do 72% no concello e un investimento de 126.000 euros.

No caso do Porriño, a deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, mantivo un encontro con representantes municipais. Neste concello cambiaranse 146 luminarias, renovando as instalacións de iluminación e sinalización exterior, por luces LED que suporán un aforro enerxético do 65% e un investimento de máis de 98.000 euros.

Imprevistos de última hora impediron que o deputado Manuel González se desprazase ata Silleda, onde, xunto ao alcalde, Manuel Cuiña, ían visitar as actuacións a desenvolver no municipio no marco do proxecto de eficiencia enerxética. En Silleda o investimento ascende a preto de 100.000 euros, mediante os cales se van a substituír 205 luminarias por luces LED, xerando un aforro enerxético do 62%. En total, a través do proxecto de eficiencia enerxética, a Deputación de Pontevedra vai actuar en 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seguramente os millóns de luces led que iluminarán durante case 3 meses AbelCity son un aforro considerable... Será cínica! https://twitter.com/GamelaNova/stat...