Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2019 | Actualizada ás 18:04
As deputadas de Ciudadanos Beatriz Piñeiro e María Vilas aseguraron este luns que, aínda que as enquisas non son as máis favorables para a formación laranxa no conxunto estatal, hai "optimismo" en Galicia, onde sairán "a por todas" o próximo 10 de novembro. Para lograr "botar a Pedro Sánchez da Moncloa", apelaron a superar "o cansanzo" pola situación política e acudir ás urnas.
Nunha rolda de prensa en Santiago, preguntadas acerca das expectativas da formación na comunidade, Piñeiro sinalou que dan por feito que conservarán os dous escanos logrados nas últimas eleccións xerais polas provincias da Coruña e Pontevedra, e confían en mellorar resultados. De feito, apuntou que na última cita coas urnas estiveron "preto" en Ourense.
"Oxalá podamos sumar máis forza", manifestou, tras subliñar que sairán "a gañar" e declararse convencidas de que os galegos axudarán a "botar a Sánchez da Moncloa". "As nosas expectativas en Galicia son saír a por todas, saír a gañar. Somos a opción para botar a Sánchez, que é sinónimo de fracaso, de ineptitude, nula capacidade de diálogo e negociación", apuntou Piñeiro.
"Somos un proxecto antagónico a Sánchez, o único partido cun proxecto de igualdade, unidade e liberdade para todos os españois", engadiu, antes de admitir que entenden "o hartazgo, a preocupación e a decepción de moitos españois".En todo caso, chamou a ir votar porque hai "unha oportunidade" para que Sánchez "recolla as súas cousas e se vaia da Moncloa". "É o momento de porse en marcha", retou.
"CRÓNICA DUN FRACASO ANUNCIADO"
María Vilas, pola súa banda, asegurou que "hoxe se pon fin a un período de incerteza, a crónica dun fracaso anunciado". "Sánchez preferiu eleccións a aceptar nosas tres condiciones. Comprometémonos a pór España en marcha se o constitucionalismo suma un escano máis. Non nos van a importar os ministerios nin haberá pelexa de egos. Sánchez pechou todas as portas dicindo non aos seus socios porque non se puxeron de acordo na repartición de cadeiras de brazos", esgrimiu.
A deputada pola Coruña tamén puxo de manifesto a "indignación, cansazo dos españois tras a incompetencia de Sánchez de chegar a un acordo co resto das formacións". "Só lle vale que lle voten a el. É un tapón para a gobernabilidade de España", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.