Abanca subscribe o Compromiso Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas

Un total de 31 bancos asinan o acordo en Nova York con accións e prazos concretos.

Por Europa Press / Redacción | Nova York | 23/09/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Abanca sumouse ao Compromiso Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas, subscrito este luns en Nova York polos bancos coa consideración de signatarios fundadores dos principios de banca responsable.

Francisco Botas (Abanca) subscribe o Convenio Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas
Francisco Botas (Abanca) subscribe o Convenio Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas | Fonte: Abanca.

Esta firma realizouse con motivo do Cume de Acción Climática de Nacións Unidas e un día despois do lanzamento global dos Principios, no que participou o conselleiro delegado da entidade, Francisco Botas.

En concreto, son 31 bancos de todo o mundo que se aliñan cos obxectivos climáticos internacionais, con accións e prazos concretos en liña cos obxectivos do Acordo de París sobre o clima.

Entre outras medidas, as entidades comprométense a financiar a economía baixa en carbono, "utilizar os seus produtos, servizos e relacións cos clientes para facilitar a transición económica requirida para alcanzar a neutralidade climática", así como ser transparentes á hora de comunicar o impacto climático da súa actividade e o progreso que realiza nestes compromisos.

"A responsabilidade social corporativa é unha prioridade estratéxica para Abanca e o noso obxectivo é promover sempre accións que sirvan como impulso para a mellora social e o crecemento sustentable e que estean en liña cos dez principios do Pacto Mundial e cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados por Nacións Unidas", sinalou o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas.

"Por iso non dubidamos en sumarnos aos Principios de Banca Responsable e subscribir o Compromiso Colectivo para a Acción Climática, que está en consonancia co noso modelo de banca responsable e sustentable", valora.

COMPROMISO DA CEG

Pola súa banda, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) informou da súa adhesión ao 'Compromiso empresarial para unha transición xusta e empregos verdes dignos', coliderado por España con Perú no Cume sobre Acción Climática da ONU.

O obxectivo é que os traballos da economía descarbonizada cumpran con condicións laborais dignas. As empresas asinantes comprométense a respectar estes dereitos e a iniciar un proceso para garantir a mesma obrigación por parte dos contratistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta