Os "compromisos" de La Voz

Un grupo de ex traballadores do xornal coruñés inicia un blog no que denuncia a deriva política e económica deste medio e o control dun "grupiño" directivo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2012 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Hai uns días, La Voz de Galicia despedía a tres traballadores con máis de 25 anos no xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano e chegaba a un acordo con Fernando Salgado, ex conselleiro e ex secretario xeral de Medios, para que pasara de traballador a colaborador deste xornal. Son os últimos dunha longa xeira de despidos que continuará para cumprir o acordo acadado entre empresa e traballadores e que recolle 75 despidos.

None

 

Pero, tras a saída destes últimos xornalistas, un grupo de ex traballadores de La Voz, decidiu iniciar un blog no que relatan o que está a acontecer neste medio de comunicación desde que, segundo din, un "grupiño" de directivos, "encabezados por Santiago Pérez e Lois Blanco", xerente e director xeral, respectivamente, do Grupo Voz, se fixeron co control do medio.

 

"Deriva" de La Voz

 

Así, este blog denuncia a "deriva" de La Voz no laboral, profesional, comercial e informativo. "Los rectores del Grupo Voz están embarcando a La Voz, Radiovoz y V Televisión en compromisos político-económicos de valor exclusivamente táctico (algunos de los cuales son de índole personal, no empresarial), condicionando negativamente el futuro del grupo y perjudicando a gran parte de sus clientelas efectiva y potencial, además de a sus trabajadores", recolle.

 

Ademais, califica de "lamentable" a política informativa deste medio, "pues el deterioro y la pérdida de crediblidad dinamitan el negocio fundamental del grupo: difundir información y opinión, y en el caso de V Televisión también entretenimiento (Voz Audiovisual es, a fecha de hoy, la única empresa rentable y que no ha sido "contaminada")".

 

Por iso, acusan a ese "grupiño" de directivos de conformar unha organización do traballo xornalístico cuxa función é exercer un "estreito" control dos contidos, até o extremo de "dar instrucións" sobre o sentido das informacións ou opinións referidas a determinados feitos, personaxes, entidades, empresas, partidos e institucións.

 

Control da información

 

"Además, ese "grupito" veta la publicación de articulos a determinados periodistas y colaboradores, justificando esa censura con argumentos de orden personal o "de oportunidad", mezclándo todo con absurdas maquinaciones o escudándose en que la decisión obedece a intereses de empresa". Neste sentido, enmarca o control informativo que o medio fai de certos feitos e persoas. "En este sentido y a modo de ejemplo, durante los últimos meses destaca el rosario de simplezas que La Voz publica en torno a la fusión de las cajas y a la viabilidad de Novagalicia Banco, o campañas "pueriles" como la que La Voz mantiene desde hace varios años contra el Deportivo, o la que desarrolló contra el bipartito y más recientemente, contra el alcalde de Vigo", recolle este blog.

 

Este grupo de ex traballadores asegura que o editor e presidente do grupo, Santiago Rey, non é quen decide os contidos que publica La Voz, aínda que el "pense que si". "Sólo conoce lo que le "sirven" y sólo le "sirven" lo que él quiere oír, tanto en asuntos económicos como periodísticos", afirman ao sinalar que este "grupiño" é o que controla o grupo, tras comprobar que Santiago Rey "es un tipo fácilmente manejable si cultivaban su ego y no le abruman con los problemas cotidianos. Y a eso se dedican en cuerpo y alma".

 

Advertencias

 

Neste sentido, apuntan que todos os xornalistas, incluídos xefes de sección e delegados locais de La Voz, carecen de poder ou de influencia real na toma de decisións, máxime cando a noticia ou a opinión afecta a cuestións, episodios ou persoas relevantes ou de interese. E, por iso, lanzan unha advertencia aos que "gozan do amparo" deste "grupiño" de dirixentes porque "serán relegados cando sexa necesario". "O presidente quere que..., isto vén de arriba, debemos publicar isto...", son as frases habituais que utiiza este "grupiño", segundo os ex traballadores.

 

Ademais, denuncian que o afán por controlar de "forma sistemática" todas as informacións e opinións, primeiro en materia económica e empresarial e logo en asuntos socio-políticos, empezou a "ir máis aló do xustificable" a partir do ano 2002, aproximadamente, con Bieto Rubido á fronte da Redacción. E din que esa actitude acrecentouse co actual director, Xosé Luís Vilela, e "aumentou exponencialmente até alcanzar cotas autodestructivas" desde que Lois Branco foi nomeado director xeral da sociedade editora.

 

Vender La Voz

 

Por iso, denuncian que, á vista de como se xestiona o grupo, todo indica que o obxectivo final é vender La Voz pero, antes, "utilizala como fonte de beneficios", así como de "trampolín social e político".

 

"Y los asalariados, además de desaprovechados y precarizados, están invirtiendo fuerza de trabajo en una empresa que si sigue desnortada, seguirá agonizando y al paso de unos años fenecerá (salvo que ya haya sido vendida y la cúpula está haciendo la "limpieza" que el comprador ha exigido...)", sinalan.

 

Só Felix Soria, como ex xornalista de La Voz, asina algún dos artigos aparecidos neste blog. Precisamente, fontes do Grupo Voz consultadas por Galicia Confidencial destacan que é un blog "persoal" e non de "ex traballadores do xornal". En todo caso, aseguran que "non teñen nada que comentar ao que se di nun blog que fai unha persoa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

15 Carmen

A Carme votarona onte do traballo. Despois de 30 anos. Naide escribiu unha liña sobre ela. E estes que esperan, un monolito!!. Si teñen algo que decir que o larguen que non xoguen cos demais para beneficiarse máis eles

1 Un ExVoz

¿Quen é Carmen?

2 ExVoz

A Carmen, Vostede din "que non xoguen cos demais para beneficiarse eles". Primerio de todo, pregámoslle que informe de quen é Carmen ao enderezo exvoz1882(arroba)yahoo.es; e por riba de todo, a acusación que fai é moi grave e, por favor, demostre que nós estamos a beneficiarnos por ter iniciado unha resposta colectiva aos que destrúen La Voz e ducias de postos de traballo. Tamén poidera acontecer que as súas palabras só sexan un xeito de falar, polo que pregámoslle que faga un esforzo e sexa máis respetuosa cando se pon diante dun teclado e evite as difamacións. Saúdos.

3 Carmen

Carmen son eu. E, si, ten vostede razón. Cando dixen "para beneficiarse eles" foi so "unha xeito de falar", faltaría máis. E postos a falar, a que se debe que me pidan que "informe de quen é Carmen ao enderezo exvoz1882(arroba)yahoo.es". Acordame epocas pasadas e grises tornadas a marrón; imaxino que esto podo decilo sin que volvolvan a pedir que "informe". Pois nada que que saiban que eu, Carmen, informo a quen me da a gana, do que me apetece e cando me peta. Non soporto aos desleales, nin aos incoherentes.

4 ExVoz

Estas outra vez a escribir sen pensar, preguntamos quen era Carmen e que o fixeras a enderezo de ExVoz --sen necesidade de te identificar públicamente-- para establecer contacto contigo, ofrecerte o noso apoio e mesmo un avogado se non o tes. É lóxico que despois do despedimento vexas inimigos por todas partes, pero non é así. Xa sabes onde atoparnos se necesitas algo. Pensa que non estás soa. Unha aperta.

14 X Un

Pois entre todos a resucitar Xornal de Galicia, que estaba bastante ben e, sobre todo, estaba a foder moito que é o que ten que facer un periodico.

13 Robin das Carballeiras

No ABC puxeron a B. Rubido (que da noxo xa oilo falar) e quitaron a Zarzalejos que ainda que é bastante de dereitas, é outra cousa. A Voz sempre soubo xogar entra dúas augas porque o que é compromiso co país (con Galiza me refiro).... Desde o paso do señorito Rubido é un panfleto ó servicio do PP sobre todo e do PSOE cando lle convén. Penso que algo nocivo para a nosa nación. Sempre unha liña camuflada de progresista pero reaccionaria na realidade. O mellor que lle pode pasar a Nación é que desapareza, e sinto polos traballadores a algúns periodistas. Outros sempre foron colaboradores necesarios (caso caza, captura e aniquilamento de Quintana) en outros palmeros coma certos colaboradores que non se sabe moi ben de que van (ou sí).

12 Quintaniña

O que tiñan que facer os que agora se queixan era facelo antes. Os pelotas ata hai dous días volvéronse moi valentes. Si home si. La Voz leva dez anos perdendo lectores, segundo os resentidos, e segue a vender máis de 100.000 exemplares e máis de medio millón de electores. Máis que todo o resto xuntos. Pechou Xornal, A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Vieiros... e seguides ca matraca de que La Voz non se le. Deixade de decir parvadas, please.

1 Un ExVoz

Quintaniña, ¡menos lobos, caperucita!, ¿quién le encargó desprestigiar a los ex trabajadores y trabajadores en general de La Voz? La Voz vende en kiosco menos de 50.000 ejemplares y sumando suscriptores, convenios y regalos ya no llega a los 100.000 de media diaria (apenas supera los 90.000). Pero el problema más grave no es esa caída de las ventas, sino los caprichos y decisiones antieconómicas (léase V Televisión, el edificio de la Fundación, las "fiestas" o que la rotativa carezca de certificación técnica porque el fabricante quebró y la ayuda pública comprometida por la Xunta para esa inversión no se puede ejecutar al 100% sin ese papeliño, entre otros males provocados por una gestión ineficiente). Hay más, infórmese antes de difundir panfletos.

11 susana

A Voz, O Faro, O Correo, La Región... Todos fan o mesmo, son libelos que están sempre a favor dos que gobernan e dos que teñen diñeiro para comprar silencios. Esa é a auténtica prensa galega. Cando penso, nela, como ex traballadora da comunicación, vomito.