Os "compromisos" de La Voz

Un grupo de ex traballadores do xornal coruñés inicia un blog no que denuncia a deriva política e económica deste medio e o control dun "grupiño" directivo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2012 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Hai uns días, La Voz de Galicia despedía a tres traballadores con máis de 25 anos no xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano e chegaba a un acordo con Fernando Salgado, ex conselleiro e ex secretario xeral de Medios, para que pasara de traballador a colaborador deste xornal. Son os últimos dunha longa xeira de despidos que continuará para cumprir o acordo acadado entre empresa e traballadores e que recolle 75 despidos.

None

 

Pero, tras a saída destes últimos xornalistas, un grupo de ex traballadores de La Voz, decidiu iniciar un blog no que relatan o que está a acontecer neste medio de comunicación desde que, segundo din, un "grupiño" de directivos, "encabezados por Santiago Pérez e Lois Blanco", xerente e director xeral, respectivamente, do Grupo Voz, se fixeron co control do medio.

 

"Deriva" de La Voz

 

Así, este blog denuncia a "deriva" de La Voz no laboral, profesional, comercial e informativo. "Los rectores del Grupo Voz están embarcando a La Voz, Radiovoz y V Televisión en compromisos político-económicos de valor exclusivamente táctico (algunos de los cuales son de índole personal, no empresarial), condicionando negativamente el futuro del grupo y perjudicando a gran parte de sus clientelas efectiva y potencial, además de a sus trabajadores", recolle.

 

Ademais, califica de "lamentable" a política informativa deste medio, "pues el deterioro y la pérdida de crediblidad dinamitan el negocio fundamental del grupo: difundir información y opinión, y en el caso de V Televisión también entretenimiento (Voz Audiovisual es, a fecha de hoy, la única empresa rentable y que no ha sido "contaminada")".

 

Por iso, acusan a ese "grupiño" de directivos de conformar unha organización do traballo xornalístico cuxa función é exercer un "estreito" control dos contidos, até o extremo de "dar instrucións" sobre o sentido das informacións ou opinións referidas a determinados feitos, personaxes, entidades, empresas, partidos e institucións.

 

Control da información

 

"Además, ese "grupito" veta la publicación de articulos a determinados periodistas y colaboradores, justificando esa censura con argumentos de orden personal o "de oportunidad", mezclándo todo con absurdas maquinaciones o escudándose en que la decisión obedece a intereses de empresa". Neste sentido, enmarca o control informativo que o medio fai de certos feitos e persoas. "En este sentido y a modo de ejemplo, durante los últimos meses destaca el rosario de simplezas que La Voz publica en torno a la fusión de las cajas y a la viabilidad de Novagalicia Banco, o campañas "pueriles" como la que La Voz mantiene desde hace varios años contra el Deportivo, o la que desarrolló contra el bipartito y más recientemente, contra el alcalde de Vigo", recolle este blog.

 

Este grupo de ex traballadores asegura que o editor e presidente do grupo, Santiago Rey, non é quen decide os contidos que publica La Voz, aínda que el "pense que si". "Sólo conoce lo que le "sirven" y sólo le "sirven" lo que él quiere oír, tanto en asuntos económicos como periodísticos", afirman ao sinalar que este "grupiño" é o que controla o grupo, tras comprobar que Santiago Rey "es un tipo fácilmente manejable si cultivaban su ego y no le abruman con los problemas cotidianos. Y a eso se dedican en cuerpo y alma".

 

Advertencias

 

Neste sentido, apuntan que todos os xornalistas, incluídos xefes de sección e delegados locais de La Voz, carecen de poder ou de influencia real na toma de decisións, máxime cando a noticia ou a opinión afecta a cuestións, episodios ou persoas relevantes ou de interese. E, por iso, lanzan unha advertencia aos que "gozan do amparo" deste "grupiño" de dirixentes porque "serán relegados cando sexa necesario". "O presidente quere que..., isto vén de arriba, debemos publicar isto...", son as frases habituais que utiiza este "grupiño", segundo os ex traballadores.

 

Ademais, denuncian que o afán por controlar de "forma sistemática" todas as informacións e opinións, primeiro en materia económica e empresarial e logo en asuntos socio-políticos, empezou a "ir máis aló do xustificable" a partir do ano 2002, aproximadamente, con Bieto Rubido á fronte da Redacción. E din que esa actitude acrecentouse co actual director, Xosé Luís Vilela, e "aumentou exponencialmente até alcanzar cotas autodestructivas" desde que Lois Branco foi nomeado director xeral da sociedade editora.

 

Vender La Voz

 

Por iso, denuncian que, á vista de como se xestiona o grupo, todo indica que o obxectivo final é vender La Voz pero, antes, "utilizala como fonte de beneficios", así como de "trampolín social e político".

 

"Y los asalariados, además de desaprovechados y precarizados, están invirtiendo fuerza de trabajo en una empresa que si sigue desnortada, seguirá agonizando y al paso de unos años fenecerá (salvo que ya haya sido vendida y la cúpula está haciendo la "limpieza" que el comprador ha exigido...)", sinalan.

 

Só Felix Soria, como ex xornalista de La Voz, asina algún dos artigos aparecidos neste blog. Precisamente, fontes do Grupo Voz consultadas por Galicia Confidencial destacan que é un blog "persoal" e non de "ex traballadores do xornal". En todo caso, aseguran que "non teñen nada que comentar ao que se di nun blog que fai unha persoa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

10 Félix Soria

En representación dos nove "membros" do blog ExVoz, só catro liñas para precisar dous detalliños. 1. ExVoz NON É UN BLOG PERSOAL, ¡eso quixeran os direcivos da Voz!; o blog foi idea de tres ex aos que sumámonos outros catro, máis duas personas que seguen na empresa pero que esperan os seus despedimentos un dia destes. O blog está aberto e non é unha organización. 2. ExVoz non fai política, pois os problemas da Voz non teñen raigames político-partidarias, ao marxe das afinidades que teñan o presidente e os directivos da empresa --nese sentido, o que si temos comprobado é que os traballadores identificados con sindicatos de clase estamos a "merecer" tratamento especial. Por último, agradecer a GC que teña informado da nosa iniciativa. Saúdos.

9 Magoa

¿Cando Feijoó perda pronto a maioria absoluta seguirá o mesmo equipo directivo ó fronte da Voz? ¿O señor Rey, por mor de conseguir máis subvencións oficiais e publicidade institucional, pegará o seu habitual puñetazo na mesa e ordenará un xiro radical que tanto temen alguns en Sabón? Forza ó blog ExVoz (fai moita falta que alguen fale claro e ben alto) e unha aperta a todos os traballadores honrados da Voz, que de seguro son maioria.

8 Ex voceiro

Hoxe La Voz despediu a outros catro traballadores históricos, deixando claro que a dirección leva a cabo un vergonzoso ERE encuberto. O desánimo invade a boa parte da redacción que está cansa de traballar entre tantos pelotas, chivatos e lamecús. Os que alí aínda teñen sentido común andan moi preocupados coa perda de credibilidade que acumula La Voz nos últimos anos, e que está a perxudicar gravemente ás ventas do diario. O patrón debe reaccionar xa ante un desmantelamento da plantilla que van pagar moi caro.

1 Un ExVoz

Os catro despedidos son do departamento de Aplicacións, servizo que a empresa ten programado externalizar en grande medida.

2 Un ex-voz

Podrías decir los nombres?

7 Bruar

O problema real da Voz de Galicia é que perde audiencia continuadamente, alomenos no xornal escrito. Perdeu credibilidade e está pagando o que fixo cando apareceu Xornal e fíxose ao monte contra o PSOE e o BNG cunha campaña rastreira para favorecer o retorno do PP. O goberno de Feixo fai todo por darlle contratos de publicidade pero iso non abonda. Hai moitos desencantados, principalmente votantes do PSdG que deixaron de mercalo. O futuro? máis do mesmo, seguirán a recibir substanciosos contratos de publicidade por parte da Xunta pero iso non soluciona o problema da perda de vendas dun 20% en catro anos. Solución? parece imposible que os caudillos de opinión tipo B.Valdez vaian mudar e iso conlevará recortes, recortes, recortes. Que muda? que os despedidos xa están até o carallo disto.

6 Antón

A liña de calqueira empresa privada sempre a marcan seus propietarios, os directivos non soen arriscarse a ir contra a opinión de estes . Eu penso que todo é unha cortina de fume de Santiago para que non o identifiquen coa liña manipuladora do medio.

1 Antón

Eso amosa o mal que pintan as cousas para Feijóo, que ate seu mecenas faise o autista.