Os "compromisos" de La Voz

Un grupo de ex traballadores do xornal coruñés inicia un blog no que denuncia a deriva política e económica deste medio e o control dun "grupiño" directivo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2012 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Hai uns días, La Voz de Galicia despedía a tres traballadores con máis de 25 anos no xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano e chegaba a un acordo con Fernando Salgado, ex conselleiro e ex secretario xeral de Medios, para que pasara de traballador a colaborador deste xornal. Son os últimos dunha longa xeira de despidos que continuará para cumprir o acordo acadado entre empresa e traballadores e que recolle 75 despidos.

None

 

Pero, tras a saída destes últimos xornalistas, un grupo de ex traballadores de La Voz, decidiu iniciar un blog no que relatan o que está a acontecer neste medio de comunicación desde que, segundo din, un "grupiño" de directivos, "encabezados por Santiago Pérez e Lois Blanco", xerente e director xeral, respectivamente, do Grupo Voz, se fixeron co control do medio.

 

"Deriva" de La Voz

 

Así, este blog denuncia a "deriva" de La Voz no laboral, profesional, comercial e informativo. "Los rectores del Grupo Voz están embarcando a La Voz, Radiovoz y V Televisión en compromisos político-económicos de valor exclusivamente táctico (algunos de los cuales son de índole personal, no empresarial), condicionando negativamente el futuro del grupo y perjudicando a gran parte de sus clientelas efectiva y potencial, además de a sus trabajadores", recolle.

 

Ademais, califica de "lamentable" a política informativa deste medio, "pues el deterioro y la pérdida de crediblidad dinamitan el negocio fundamental del grupo: difundir información y opinión, y en el caso de V Televisión también entretenimiento (Voz Audiovisual es, a fecha de hoy, la única empresa rentable y que no ha sido "contaminada")".

 

Por iso, acusan a ese "grupiño" de directivos de conformar unha organización do traballo xornalístico cuxa función é exercer un "estreito" control dos contidos, até o extremo de "dar instrucións" sobre o sentido das informacións ou opinións referidas a determinados feitos, personaxes, entidades, empresas, partidos e institucións.

 

Control da información

 

"Además, ese "grupito" veta la publicación de articulos a determinados periodistas y colaboradores, justificando esa censura con argumentos de orden personal o "de oportunidad", mezclándo todo con absurdas maquinaciones o escudándose en que la decisión obedece a intereses de empresa". Neste sentido, enmarca o control informativo que o medio fai de certos feitos e persoas. "En este sentido y a modo de ejemplo, durante los últimos meses destaca el rosario de simplezas que La Voz publica en torno a la fusión de las cajas y a la viabilidad de Novagalicia Banco, o campañas "pueriles" como la que La Voz mantiene desde hace varios años contra el Deportivo, o la que desarrolló contra el bipartito y más recientemente, contra el alcalde de Vigo", recolle este blog.

 

Este grupo de ex traballadores asegura que o editor e presidente do grupo, Santiago Rey, non é quen decide os contidos que publica La Voz, aínda que el "pense que si". "Sólo conoce lo que le "sirven" y sólo le "sirven" lo que él quiere oír, tanto en asuntos económicos como periodísticos", afirman ao sinalar que este "grupiño" é o que controla o grupo, tras comprobar que Santiago Rey "es un tipo fácilmente manejable si cultivaban su ego y no le abruman con los problemas cotidianos. Y a eso se dedican en cuerpo y alma".

 

Advertencias

 

Neste sentido, apuntan que todos os xornalistas, incluídos xefes de sección e delegados locais de La Voz, carecen de poder ou de influencia real na toma de decisións, máxime cando a noticia ou a opinión afecta a cuestións, episodios ou persoas relevantes ou de interese. E, por iso, lanzan unha advertencia aos que "gozan do amparo" deste "grupiño" de dirixentes porque "serán relegados cando sexa necesario". "O presidente quere que..., isto vén de arriba, debemos publicar isto...", son as frases habituais que utiiza este "grupiño", segundo os ex traballadores.

 

Ademais, denuncian que o afán por controlar de "forma sistemática" todas as informacións e opinións, primeiro en materia económica e empresarial e logo en asuntos socio-políticos, empezou a "ir máis aló do xustificable" a partir do ano 2002, aproximadamente, con Bieto Rubido á fronte da Redacción. E din que esa actitude acrecentouse co actual director, Xosé Luís Vilela, e "aumentou exponencialmente até alcanzar cotas autodestructivas" desde que Lois Branco foi nomeado director xeral da sociedade editora.

 

Vender La Voz

 

Por iso, denuncian que, á vista de como se xestiona o grupo, todo indica que o obxectivo final é vender La Voz pero, antes, "utilizala como fonte de beneficios", así como de "trampolín social e político".

 

"Y los asalariados, además de desaprovechados y precarizados, están invirtiendo fuerza de trabajo en una empresa que si sigue desnortada, seguirá agonizando y al paso de unos años fenecerá (salvo que ya haya sido vendida y la cúpula está haciendo la "limpieza" que el comprador ha exigido...)", sinalan.

 

Só Felix Soria, como ex xornalista de La Voz, asina algún dos artigos aparecidos neste blog. Precisamente, fontes do Grupo Voz consultadas por Galicia Confidencial destacan que é un blog "persoal" e non de "ex traballadores do xornal". En todo caso, aseguran que "non teñen nada que comentar ao que se di nun blog que fai unha persoa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

5 o son do ar

esto xa o sabiamos todos,hhooooo

4 Roi Xordo

Pensar que en tempos La Voz de Galicia foi un medio progresista e cun tépedo barniz galeguista. TEMPUS FUGIT. ¿Onde escribe hogano xente como Manuel Rivas ou Suso de Toro? Non o fan en LVG. Con iso fica dito todo. Non se pode traizoar á propia base social. LVG fíxoo e agora pasa o que pasa. Se LVG non amosa unha visión galega do mundo, sneón española, ¿logo por qué vou mercar LVG e non prensa española?

1 Balados

A Voz un medio progresista? xDDD!!!! sen comentarios.

2 a Balados

Roi Xordo leva razón...mais xa non estamos nos 80

3 Roi Xordo

E que cando me eu criei LVG non era así. Nos 80, certo, mais tamén nos 90, inda que xa había moita inquina contra Beiras a finais dos 90 (o favorable trato actual sorprende se examinamos o que había nos úlltimos anos de Beiras como lider do BNG), inda que sen chegar ós extremos abraiantes da caza, linchamento, decapitación e empalamento que LVG fixo con Quintana.

4 Hemeroteca

nos 80 era cando tildaban ao Bloque de terrorista e decían que eran os responsables dos incendios forestais.

5 P. Garcia

A deriva "informativa" da Voz á dereita comenzou co director Bieito Rubido (hoxe ao fronte do ABC), a ten consolidada Vilela (que é un "xornalista de despacho") e desde hai uns anos conta coas "intelixentes" aportacións de Blanco Valdés (membro do patronato da Fundación Santiago Rey e "conselleiro" principal do presidente da empresa) e máis os bos oficios e contactos institucionais de Lois Blanco (director xeral da sociedade).

3 PPODRES

Outra mais do persoeiro Feijoo. Deixou a Galiza sen Caixas, sen Galego, Galiza feita uns farrapos, e porsuposto intentou finiquitar toda Voz disonante cos PPodres. Que pensaba?, que os que non somos da corda dos PPodres, imos a manter este panfleto propagandístico dos PPodres?, pois non. Ala, Voz, ata mais vir, que os mortos que vos matades gozan de boa saude.

2 kmáisda

GC sodes os mellores, eiquí podese opinar sen ter que rexistrarse, sen ter que deixar pistas de quén eres, estou mirando á competencia e pra opinar xa tes que deixar casi co d.i, seguide así, non estou rexistrado, pero en canto poda o fago, grazas

1 Homo sapiens

A Coz de Galicia traizoou o espíritu liberal -no seu senso primixenio- que sempre o adornou. Hoxe é un panfleto propagandístico do PP.

1 Euloxio

...E de Marineda City.