Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 09:12
O calendario de mobilizacións dos traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao (Cervo) dependerá do resultado da reunión que este partes, ás 13,00 horas, manterán en Madrid os representantes do comité de empresa co presidente da multinacional en España.
Os traballadores retomarán as protestas, aínda que o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, puntualizou que "o calendario" se vai a ir "modulando en función de como evolucione todo isto", algo que estará condicionado pola reunión deste martes.
"En función de como vaia, de cales son as medidas que tome ou non tome Alcoa irémolo vendo", insistiu, asegurando que o comité buscará "incrementar" a presión se o encontro non dá os seus froitos.
A factoría de San Cibrao conta cun persoal de máis de mil traballadores, aos que se suman outros tantos das empresas auxiliares. Neste sentido, o presidente do comité de empresa quere, con este dato, chamar a atención da importancia da "supervivencia" da planta para A Mariña de Lugo e tamén para a provincia.
"O primeiro", explicou, "será reclamarlle que a planta de Cervo retome a normalidade, que arrinquen as 32 cubas e que se suba a intensidade da produción", que se viu rebaixada nun 11 por cento. "Tamén lle preguntaremos polas xestións que fixo e como está a situación desde o punto de vista da dirección", subliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.