Temas: XUNTA PESCA

A Xunta valora en ata 3.000 euros o apoio que necesitan os familiares de mariñeiros falecidos en accidente laboral

O Diario Oficial de Galicia publica a orde que dará cobertura ás familias dos profesionais do mar mortos durante o exercicio da súa actividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a orde que dará cobertura ás familias dos profesionais do mar falecidos durante o exercicio da súa actividade e que habilita axudas coas que cubrir as "necesidades máis inmediatas" dos familiares tras o falecemento.

Barco pesqueiro.
Barco pesqueiro.

Segundo informou a Xunta, as achegas pretenden "facer fronte" as consecuencias duns accidentes que "adoitan traer consigo situacións de desamparo económico temporal e puntual das familias dos tripulantes falecidos ou desaparecidos", dado que esta perda "adoita ir aparellada á falta de ingresos económicos xerados pola actividade cesante".

Para mitigar esa situación, a orde establece axudas de 3.000 euros para a viúva ou parella de feito da persoa falecida e de 1.000 euros para cada un dos seus fillos menores de 21 anos, á vez que dá a consideración de falecidas a aquelas persoas que sigan desaparecidas transcorridos 10 días desde a data na que se produciu o sinistro.

A orde, que entra en vigor este mércores, inclúe como profesionais do mar os tripulantes galegos de calquera tipo de embarcación pesqueira debidamente enrolados nela e calquera que sexa o seu pavillón, os tripulantes non galegos que coticen no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social nun buque pesqueiro con porto base en Galicia, os mariscadores e os traballadores de viveiros flotantes radicados en augas galegas.

Temas: XUNTA PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta