Os prezos industriais sobren o seu maior descenso en máis de tres anos

Caen un 4,2% en agosto. Acumulan tres meses consecutivos de descenso cunha acusada baixada nos prezos da enerxía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Os prezos industriais caeron un 4,2% en agosto en Galicia en relación ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, os prezos industriais galegos sofren o seu maior retroceso en máis de tres anos, pois desde maio de 2016 (-5%) non había un dato tan negativo. Así, a Comunidade acumula tres meses consecutivos de descensos --xuño, xullo e agosto--, tras romper cun período de 31 meses de ascensos.

Por comunidades autónomas, só Estremadura, Navarra e A Rioxa presentaban en agosto taxas interanuais positivas de prezos no sector industrial. O resto rexistraba taxas negativas, especialmente Asturias (-7,3%), Canarias (-6,7%) e Baleares (-6,2%), con Galicia en sétimo lugar.

Por tipos, a enerxía protagoniza a diminución interanual (-13%). Os prezos dos bens de consumo tamén se rebaixan (-0,9%), mentres se incrementan os de bens de equipo (+0,9%) e intermedios (+0,5%). En relación con xullo, os prezos experimentan unha baixada do 2,3%. Deste xeito, no que vai de ano --entre xaneiro e agosto--, Galicia rexistra un descenso do 2,9%.

No conxunto estatal, os prezos industriais baixaron un 0,8% en xuño en relación ao mes anterior e caeron un 0,6% interanual, taxa case dous puntos inferior á de maio.

DATOS ESTATAIS

Os prezos industriais baixaron un 1,5% en agosto en relación ao mes anterior e esborralláronse un 2,5% en taxa interanual, o seu maior descenso en tres anos, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con este recorte interanual, o máis pronunciado desde agosto de 2016, os prezos industriais encadean tres meses consecutivos en taxas negativas despois de estar 32 meses en positivo.

IPI de Gailcia en agosto de 2019. EPTADA
IPI de Gailcia en agosto de 2019. EPTADA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta