Toma posesión na Cámara galega Óscar Vilar Chento, novo deputado do PSdeG

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/09/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O deputado autonómico pola provincia da Coruña Óscar Vilar Chento tomou este martes posesión do seu escano no Parlamento de Galicia, onde formará parte do grupo do PSdeG.

Óscar Vilar Chento, novo deputado do PSdeG
Óscar Vilar Chento, novo deputado do PSdeG | Fonte: vilarfao.gal

Vilar Chento prometeu o seu cargo e fidelidade ao Estatuto de autonomía e á Constitución Española ao comezo do pleno desta semana, no que se celebra o debate anual de política xeral de Galicia.

O novo parlamentario socialista optou nas pasadas eleccións municipais do mes de maio á alcaldía do concello coruñés do Pino, onde revalidou o seu cargo o alcalde do PPdeG Manuel Taboada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta