O Goberno central di que asistirá a 58.000 galegos no seu programa de axuda alimentaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A segunda fase do programa de axuda alimentaria do Goberno chegará a 58.000 galegos, que percibirán 1,7 millóns de quilos de alimentos entre as catro provincias. Segundo informa a Delegación do Goberno nun comunicado, a través da área Funcional de Agricultura --nun programa do Ministerio-- coordínase a entrega a nove centros de repartición que xestionan o Banco de Alimentos e Cruz Vermella.

Por provincias, a repartición é de 645.918 quilos en Pontevedra para 22.484 beneficiarios; seguida da Coruña (490.074 quilos e 17.048 beneficiarios); Ourense (300.460 quilos e 10.402 persoas); e Lugo (251.994 quilos e 8.160 persoas).

Os alimentos adquiridos son de tipo básico, pouco perecedoiros e de fácil transporte. Entre outros, hai arroz, garavanzos, leite, aceite de oliva e conservas.

Unha caixa de laranxas
Unha caixa de laranxas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta