Carmela Silva reivindica a iniciativa Quilómetro Cero como unha "aposta real polo produto de proximidade"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, advertiu de que "se houbese unha aposta real por este produto de alto valor engadido no rural galego moito mellor irían as cousas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou este mércores a necesidade de levar adiante unha "aposta real" polos produtos de proximidade co obxectivo de garantir a sustentabilidade.

A presidenta provincial participou na iniciativa 'Quilómetro Cero', incluída na Semana Global polo Clima e que se desenvolveu nunha carpa na Avenida de Montero Ríos, onde se deron cita colectivos sociais que reivindicaron a importancia dos produtos de proximidade.

"Hoxe temos aquí produtos de quilómetro cero, ecolóxicos, de algo valor engadido", explicou Silva, que advertiu de que "se houbese unha aposta real por este produto de alto valor engadido no rural galego, moito mellor irían as cousas".

A través desta iniciativa, dixo a presidenta, preténdese deixar claro que a agricultura ecolóxica "é fundamental" e é necesario "apostar por ela", tanto a nivel económico e ecolóxico como polo seu valor para a "recuperación dos territorios" e das tradicións.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta