Unha condutora evacuada logo de saír da estrada co seu vehículo

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Arzúa para excarcerar á muller.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Unha condutora resultou ferida tras saír da estrada co seu vehículo á altura do municipio de Boimorto.

O accidente rexistrouse na estrada que une Boimorto e Orxal, á altura de Capela da Mota, preto das 15,00 horas. A consecuencia do impacto, a única ocupante do turismo quedou atrapada no seu interior, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Arzúa para excarcerar á muller.

Tras ser alertados polo 112 Galicia, tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico e un equipo médico ao bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago para evacuar á ferida.

Doutra banda, preto das 17,00 horas, rexistrouse unha nova saída de vía na N-120, no punto quilométrico 532, á altura de Pantón.

Neste caso, os alertantes indicaban que debido o estado do turismo, varios dos seus ocupantes poderían estar atrapados no seu interior e precisarían asistencia sanitaria.

Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaron os servizos sanitarios, e aos Bombeiros de Monforte de Lemos, para poder acceder ao interior do coche e sacar aos dous ocupantes.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta