'Catas didácticas e degustacións de autor' en Compostela

A Bodeguilla comeza unha nova tempada de actividades culturais gastronómicas apostando polo valor didáctico de dar a coñecer viños e gozar degustando petiscos sofisticados.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 26/09/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O vindeiro xoves 26 de setembro comezan as actividades culturais relacionadas coa gastronomía e a enoloxía que organiza Javier Míguez, xerente do Grupo La Bodeguilla, en Compostela. O lugar habitual de celebración das mesmas é a Bodeguilla de San Lázaro pero nesta ocasión a xornada levarase a cabo na Bodeguilla de Santa Marta ás 21:00 h.

Bodeguilla de San Lázaro
Bodeguilla de San Lázaro

Haberá unha "Cata didáctica con cea", onde Diego García e o seu equipo de cociña da Bodeguilla de Santa Marta elaborarán unhas tapas para acompañar os viños que ven a presentarnos Viktoriya Bryksa, sumiller e Wine Ambassador do Grupo Pernod Ricard. Os caldos que se darán a coñecer esa noite veñen dende Marlborough en Nueva Zelanda, Sonoma County en California, Rioja e Ribera del Duero en España é tamén un Ron Cubano moi especial.

Para reservar praza nesta xornada ou nas sucesivas ao longo do ano hai que contactar a través do correo electrónico bodeguilladesanroque@gmail.com 

Traxectoria das actividades

As actividades deste coñecido establecemento compostelán comezaron no ano 1993 na Bodeguilla de San Roque trasladándose no 2005 á Bodeguilla de San Lázaro. Véñense facendo unha vez á semana, mércores ou xoves, na sala de catas e degustacións habilitada para tal efecto no local de San Lázaro; consisten en xornadas temáticas sobre viños, licores e diferentes produtos gastronómicos de tempada. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta