Aviso amarelo en todo o litoral galego para este venres por ondas de catro a cinco metros de altura

A partir das 9,00 horas deste venres está previsto aviso amarelo no litoral da Coruña, mentres que no da Mariña luguesa e no de Pontevedra está fixado para as 12,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 09:39

Comparte esta noticia

O litoral galego volverá ter aviso de nivel amarelo desde media mañá deste venres, 27 de setembro, debido a ondas de catro a cinco metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, as borrascas que se desprazan polo Atlántico norte formarán ondas que chegarán ao litoral galego cunha altura dun catro metros.

Por iso, a partir das 9,00 horas deste venres está previsto aviso amarelo no litoral da Coruña, mentres que no da Mariña luguesa e no de Pontevedra está fixado para as 12,00 horas.

Aviso amarelo no litoral galego para o venres 27 de setembro.. METEOGALICIA
Aviso amarelo no litoral galego para o venres 27 de setembro.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta