Os traballadores do aeroporto de Santiag suspenden a terceira xornada de folga

A decisión tomouse tras ser convocados por Aena a unha reunión para analizar as súas demandas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2019 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O comité de folga dos traballadores do aeroporto de Santiago decidiu este xoves suspender a terceira e última das xornadas de folga tras ser convocados por Aena a unha reunión para analizar as súas demandas.

Lavacolla
Lavacolla | Fonte: Europa Press.

Segundo explicaron, o comité de folga mantivo unha reunión coa subdelegada do Goberno, que se comprometeu a falar co Concello de Santiago para que mediase con Aena.

Do mesmo xeito, destacan, o pleno local desta tarde, no que interviñeron os traballadores, aprobou unha moción na que se reclamaba que o goberno local impulsase o diálogo para solucionar este conflito.

Finalmente, explicaron, Aena púxose en contacto co comité, ao que convocou a unha reunión na mañá deste venres para tratar a licitación da cantina e os motivos da folga.

O comité de folga trasladou a súa "dispoñibilidade" para abordar "todas as cuestións que levaron á convocatoria de folga", especialmente a reclamación de que se manteña a cantina para traballadores.

En todo caso, advertiron de que, en función das cuestións que se aborden e da disposición de Aena a resolver a problemática derivada do peche da cantina, convocarán unha nova asemblea para que o persoal decida as accións a adoptar, no caso de que non se atendan as súas demandas, sen descartar unha nova convocatoria de folga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta