ERE no antigo Pastor: "Os traballadores prefiren marchar pensando na súa saúde"

A día de hoxe son algo máis de duascentas persoas as afectadas polo ERE do Banco Santander en Galicia. Algúns son colectivos moi sensibles; os que están por baixo dos 45 anos aos quen non se lles aplica algúns aspectos do ERE e os de entre 50 a 55 anos por non estaren tan cubertos como os maiores de 55.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Banco Santander aplicou un Expediente de Regulación de Emprego que dividía en varias categorías os traballadores e traballadoras de toda a súa corporación, é dicir, incluíndo o Banco Popular que había pouco comprara o Pastor. En tal caso, son máis de cen oficinas as que van pechadas en Galicia.

Cartel do Banco Santander na Cidade Grupo Santander (Comunidade de Madrid). Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Cartel do Banco Santander na Cidade Grupo Santander (Comunidade de Madrid). Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Os motivos que apuntaba a empresa para dar de baixa a máis de dous mil empregados “de maneira escalonada, segundo tramos de idade”.  Ademais diso, apuntouse nunha reunión entre traballadores e empresa, que afectaría a todas as categorías por igual, mesmo recollía un complemento por voluntariedade no caso de aceptar a baixa.

CHAMADAS DO BANCO

“O banco está chamando a xente que non se anotou nas listas de voluntariedade, para que se acollan ás medidas do ERE” di Rosa Conde da CIG. “Digamos que o banco ten unha lista e está chamando a compañeiros e compañeiras que se acollan a esas medidas”. No caso de que a persoa non asine durante o  período de voluntariedade, perderá as “vantaxes” da mesma.

O caso é que segundo apunta María, ex traballadora do Santander, “hai xente que ten máis de cincuenta anos e a quen non están chamando para que asinen, e hai compañeiros menores de 50 a quen están chamando” polo que entenden que a aplicación do ERE non está sendo xusta. O camiño das prexubilacións fora proposto mais a empresa non aceptou. “Nós non asinamos un ERE lles dixemos iso desde o primeiro momento” di Rosa Conde, “aínda que sabemos que está facendo prexubilacións de maneira individual”.

O custe das prexubilacións teno que asumir o banco, pois o que ten aí é ter que seguir pagando como se a persoa estivese traballando sendo só tres cuartos do salario”. Así a día de hoxe, hai un ambiente de tensión “porque ninguén sabe se o van chamar para que coñeza as condicións do ERE”. Desde as oficinas están chamando persoas que teñen unha antigüidade de 15 anos. “Aí o banco está aplicando un criterio económico, porque é xente máis barata á hora de rebaixar fronte a unha persoa que leva vinte ou vinte e cinco anos”, Di Marcos, extraballador na Coruña.

RECOLOCACIÓN

No ERE recóllese que ten que haber un período de recolocación. “Hai unha empresa de colocación pagada polo banco, que ten que facer un seguemento destas persoas durante dezaoito meses”. Isto sucede cando se asina voluntariamente o ERE e “tes unha serie de empresas de recolocación e escolles unha”.

Para obter a recolocación a empresa contratada  polo Santander, fai un seguimento de asistencia a cursos, formación e “iso dache dereito a esa recolocación”. A CIG apunta que “en experiencias anteriores o Banco creou esta posibilidade e que acabou tendo unha efectividade do 80%”.

Con todo, hai un colectivo especialmente sensible que é o de 50 a 55 anos, por non estaren tan cubertos como os maiores de 55. “Preguntamos e a empresa recoñeceu que aí teñen un menor índice de recolocación nesa franxa de idade”. Entre os 63 ata a idade de xubilación, as persoas a partir dos 63 está xubilada”.

María comenta que a día de hoxe, logo da absorción e posta en marcha do ERE, a carga de traballo nas oficinas aumentou considerablemente. “Por que o número de clientes segue sendo o mesmo, as tarefas serán as mesmas, ademais o banco apunta que o cliente tende a usar máis os sistemas de banca electrónica”. En teoría isto rebaixa a carga de traballo.

“A carga de traballo é importante e o que son as tarefas comerciais está nun punto elevado, o que marca unha situación preocupante nas oficinas”. As persoas prefiren marchar pensando “na súa saúde pola cantidade de traballo que se asume”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta