Temas: TSXG PSOE PP OROSO

O PP de Oroso levará ao Tribunal Superior a elección dun exconcelleiro socialista como xuíz de paz do municipio

Considera que o nomeamento de Eduardo Veiras é "unha mostra de despotismo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Partido Popular do concello coruñés de Oroso manifestou que levará ao Tribunal Superior de Xustiza Galega (TSXG) unha alegación contra a elección dun exconcelleiro socialista como o xuíz de paz do municipio.

Oroso
Oroso | Fonte: Concello.

Os populares criticaron a decisión de converter a Eduardo Veiras no responsable do xulgado de paz, xa que consideran que é "unha mostra de despotismo" dun goberno local que "parece non entender a importancia da separación de poderes", criticou o portavoz do PP municipal, Alexandre Doval.

Segundo explicou, esta elección foi aprobada cos votos a favor do PSOE e o BNG, porque "queren ter todo baixo o seu control", mentres que "a Lei Orgánica do Poder Xudicial di claramente" que os xuíces "non poderán pertencer a partidos políticos nin sindicatos".

Ademais, os populares lembraron que esta figura xudicial debe "ser unha persoa independente", unha característica que ao seu xuízo non se cumpre no caso de Veiras, que foi concelleiro de Obras e Servizos, Medio Rural, Medio Ambiente e Relacións Veciñais do concello "durante anos", aínda que a día de hoxe xa non forma parte da corporación municipal.

"Non temos nada en contra do señor Veiras, pero non é a persoa idónea para ser xuíz de paz", engadiron desde o Partido Popular.

Temas: TSXG PSOE PP OROSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta