O Concello de Carnota lanza un proxecto de voluntariado arqueolóxico

'A Torre dos mouros' será obxecto dunha posta en valor patrimonial para coñecer a súa funcionalidade. Mariña Patrimonio descubre dous novos xacementos.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 16/05/2012 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

O concello de Carnota, iniciará este verán o proxecto de voluntariado patrimonial "Torre dos Mouros", polo cal aspira recuperar un espazo arqueolóxico "neodescuberto" recentemente no Monte do Castro en Lira (Carnota).

Para este fin, o concello nacionalista contará coa supervisión do arqueólogo Antón Malde e do profesor e director de culturagalega.org, Manuel Gago. Os traballos, que se desenvolverán ao longo do verán en 3 fases, centraranse en efectuar un desbroce superficial de todo o conxunto, con especial énfase en identificar 3 estruturas murarias, asi como tratar de averiguar a súa datación e funcionalidade, que seguen a ser unha completa incógnita.

Traballo de desbroce inicial

O Concello de Carnota informa nun comunicado que xa solicitou os permisos necesarios á Dirección Xeral de Patrimonio, e coordinará uns traballos que xa comezaron a pasada fin de semana coa limpeza e axeitamento do camiño de acceso ao sitio arqueolóxico. Ademais o municipio facilitará avituallamento e enseres necesarios a cada persoa que desexe contribuir nos traballos. Os interesados poden escribir a info@concellodecarnota.com ou ben chamar ao teléfono 981 85 70 32.

Con esta iniciativa o executivo municipal quere tamén demostrar que malia as dificultades, se usamos a imaxinación e contamos con todos é posíbel seguir desenvolvendo as potencialidades do noso municipio e mellorando a calidade de vida dos seus habitantes, cun custe practicamente cero para as maltreitas arcas municipais.

None

Novos decubrimentos na Mariña

 

A asociación Mariñapatrimonio informou ao Servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura sobre a existencia de dous bens patrimoniais: unha mámoa, coñecida  co nome de A Cova de Ouro e un petróglifo dos denominados reticulados.

Estes dous bens patrimoniais foron incluídos polo citado Servizo de Patrimonio no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio tras as xestións realizadas por esta entidade.

Segundo os  expertos, os petróglifos reticulados son dos máis antigos de Galiza, coñécense poucas rochas con este tipo tipo de gravuras e concéntranse case exclusivamente na provincia de Pontevedra. O túmulo da Cova de Ouro probablemente  deba o  seu nome ao feito de que o ouro frecuentemente  formaba parte do enxoval funerario enterrado  nas mámoas.

Mariña Patrimonio suliña que estes  dous novos achados súmanse á lista de xacementos arqueolóxicos  da Mariña, amosando  a riqueza patrimonial da comarca. Podes consultar fotos aquí.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 arqueóloga

Igual le molesta a alguna persona, que seguro que son los que le hacen la ola a este señor, lo que digo, pero, insisto, las "actuaciones" arqueológicas deben ser dirigidas por arqueólogos. Me parece bien que esté Antón Malde ahí pero no otras personas que no son arqueólogos, aunque jueguen a serlo.

1 Pois é

Completamente dacordo, o señor Gago vai camiño de ser o noso Friker Jiménez enxebre.

2 Excavador

A que estamos a xogar?Dende que se aprobou o convenio de Arqueoloxía de Galiza estase a fomentar o voluntariado por parte de iluminados co patrocinio inxenuo (ou non)dos políticos locais.Aquí hai un problema cando os que nos víñamos adicando a arqueoloxía profesional estamos no paro e vóltase excavar cas condicións dos anos 40

1 por favor!!

que se esta falando de quitar o mato carallo!! haberá que ser catedrático pra darlle a laghoña!!

1 arqueóloga

Me parecen muy bien estas iniciativas, pero me pregunto que hace un profesor de Xornalismo excavando un yacimiento arqueológico. Para eso ya hay profesionales cualificados, digo yo.

1 hofap

Excavando? Eu leo desbrozando...

2 carnoto

Antom Malde é arqueólogo

3 Lira

Por favor, non digades excavar ou xacemento son castelanismos. Dicide escavar e sitio arqueolóxico

4 Ex-cavante

Nena, terás que mexer o cu e publicitar-te por internet, digo eu ..

5 arqueóloga

Ya están los misógenos de siempre. ¿Qué pasa, que por ser mujer ya me tienes que insultar por decir una verdad?