Ana Pontón apela a apostar polo BNG a aqueles "desencantados polo circo" da "política madrileña"

A portavoz nacional mostrouse "convencida" de que o BNG "vai superarse" nas urnas e dará "voz propia" a Galicia no Congreso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2019 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou este domingo a "todas as persoas enfadas e desencantadas polo circo no que se converteu a política madrileña" para pedirlles que aposten polo Bloque, que "nunca fixo parte do problema, senón que quere ser parte da solución".

Nun acto con militantes en Vila de Cruces, a líder dos nacionalistas galegos trasladou o "optimismo e confianza" cos que a súa formación encara a repetición electoral do próximo 10 de novembro.

Neste sentido, Pontón mostrouse "convencida" de que o BNG "vai superarse" nas urnas e dará "voz propia" a Galicia no Congreso, despois de que nos comicios de 2015, 2016 e do pasado 28 de abril non obtivesen representación na Cámara Baixa.

Con este obxectivo, tal e como recalcou, o BNG propón "unha alianza coa sociedade galega para defender con forza os intereses" do país en cuestións que ve "clave" como o modelo de financiamento, as infraestruturas, a defensa da industria, o tecido económico, a mellora das pensións e a defensa da sanidade.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG - Arquivo
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Tereixa Fdz

Loita de clases, defensa da lingua galega sen concesións, ecoloxismo, Galiza nación, feminismo (sen hembrismo) é a guerra do BNG. Indo só ás microbatalliñas que afectan a 4 galegos non se gaña isa guerra. O meu voto xa o tedes. Non máis experimentos dos madrillegos. Galiza first!

4 Gamela

O problema é que algúns temos MEMORIA! Hai 10 anos BNG e PSOE opuxéronse frontalmente á Sociedade Civil que enchía a praza da Quintana cun berro claro: "mudar o statu quo da época Fraga" // Pero daquela coma hoxe prefieren cogobernar co Psoe na Deputación de Pontevedra (Carmela Silva seica é máis Cool que a xente de abaixo!) // O BNG foi o problema e o sigue sendo, que non nos veñan con lerias... https://flic.kr/p/6KDzNy

3 Viriatus

Política madrileña é o PSOE co que sempre pactan.

2 Limico

O BNG acertou co discurso, coa estratexia e coa líder. Adiante Ana!!!

1 Roxalia

A esta non lle gusta a 'política madrileña' pero coa financiación de orixe madrileña non ten problemas. Grazas a ela poden vivir sen dar pancada ela e os centos de liberados do holding autonomista BNG/CIG.