O PSdeG repetirá candidatos nas eleccións xerais

Os cabezas de lista ao Congreso volverán ser Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra) e Marina Ortega (Ourense).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2019 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, confirmou que a súa formación manterá ás "mesmas" persoas que "encabezaron" as súas candidaturas ás eleccións xerais o pasado 28 de abril na cita electoral do próximo 10 de novembro.

Gonzalo Caballero na Cámara galega
Gonzalo Caballero na Cámara galega | Fonte: Lavandeira Jr - EFE

Caballero remitiuse aos acordos establecidos polo Comité Federal para asegurar que, "en termos xerais", vanse presentar as mesmas candidaturas aínda que "pode haber algunha modificación puntual" nalgunha.

Os cabezas de lista ao Congreso polas provincias galegas nas pasadas xerais foron Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Marina Ortega (Ourense).

Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).

A Comisión Federal de Listas, o órgano que ten a decisión final, dará luz verde nas próximas horas ás listas definitivas que o Partido Socialista presentará polas distintas provincias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta