Feridas cinco persoas ao caer unha ambulancia ao río en Touro con pacientes para diálese

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou dúas ambulancias asistenciais para atender a cinco pacientes, tres homes e dúas mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste martes no termo municipal de Touro (A Coruña) ao caer unha ambulancia ao río que levaba catro pacientes a diálese.

O sinistro tivo lugar sobre as 7,15 horas deste martes no lugar de Bendaña, ao precipitarse ao río unha ambulancia de transporte programado con catro pacientes para diálese e o condutor, informaron a Europa Press fontes da Garda Civil.

As mesmas fontes confirmaron que o condutor da ambulancia, que sufriu unha saída de vía e se precipitou ao río, obtivo resultado negativo na proba de alcoholemia.

O 112, tras recibir o aviso do sinistro, mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza e de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e de Touro.

Ao lugar, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou dúas ambulancias asistenciais para atender a cinco pacientes, tres homes e dúas mulleres.

En concreto, foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago os homes J.M.B., de 77 anos, e G.B.P., de 74, así como as mulleres M.C.S., de 60 anos, e I.C.R., de 75. Por suparte foi levado á Clínica Souto Boo o home J.L.R., de 54 anos, informaron fontes sanitarias.

Ambulancias
Ambulancias | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta