O suicidio

A miúdo os medios de comunicación nos dan contan de que fulano de tal, despois de asasinar á súa dona, quitouse a vida de xeito violento. Día tra día, en calquera lugar do mundo, e dende o inicio da humanidade, milleiros de persoas quítanse a vida ou intentan facelo. Os que formamos parte dos Corpos de Seguridade, en máis dunha ocasión, fomos testemuñas dalgún destes feitos e vivímolas consecuencias da traxedia.

Por José Freire | Pontevedra | 20/05/2012

Comparte esta noticia
A pesares da magnitude deste fenómeno, a sociedade occidental, influída pola moral cristiá que condena ao suicida como autor dunha conduta que ofende a Deus, garda silencio ante este fenómeno que, nembargante, non é indiferente para ningún de nós.
 
Pola contra, ante o suicida e a súa conduta, o individuo non pode evitar unha emoción e unha reflexión contraposta. Xa que mentres, por unha banda, intuímos que ao que se quita a vida lle gustaría seguir vivindo, por outra pode que se lle estea presentando demasiado dura como para ser soportable.
 
Froito diso, o suicida esperta en nós unha fascinación polo seu proceder e o seu valor para facelo, xa que representa precisamente o supremo valor e a heroicidade para privarse do que máis valoramos, o seguir vivindo. Pero ao mesmo tempo evoca un temor real, case que pánico, xa que sabemos que a idea suicida é recorrente e non allea á nosa propia existencia vital, co temor de que un día, como lle sucedeu ao suicida, atopemos ese valor supremo e necesario para quitárnola vida.
 
Xulgar se a vida vale ou non a pena vivirse supón, para todos e cada un de nos, interrogarnos e responder á principal e primordial cuestión filosófica que a cotío nos embarga.
 
Contribuír a unha resposta positiva, axudar a que a vida teña sentido para aqueles colectivos de risco é hoxe unha tarefa e un deber público urxente. Pola contra, corrémolo risco de converter ao suicida, que no seu día o consideramos como un criminal, nun marxinado, sen máis saída que a do propio acto do suicidio.
 
E a boa fe que, os tempos que corren, préstanse para iso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.