Atropelados dous menores en Vigo e O Barco

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Dous menores resultaron feridos en senllos atropelos ocorridos na tarde deste mércores nos termos municipais do Barco de Valdeorras (Ourense) e de Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, no primeiro deles, un neno foi arroiado por un turismo á altura da Avenida de Elena Quiroga sobre as 18,45 horas deste mércores. Tras recibir o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención da Policía Local e do GES de Valdeorras.

Neste caso, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao menor ferido o Hospital de Valdeorras, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Por outra banda, outro menor resultou ferido e necesitou asistencia sanitaria despois de ser atropelado na rúa de Loureiro da parroquia viguesa de Cabral sobre as 19,00 horas deste mércores, apuntou o 112.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Despois da chamada dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.

O menor ferido foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, sinalaron fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta