Temas: BNG XUNTA GALICIA

O BNG afirma que as entregas a conta é só parte do que o Estado debe e insta á Xunta a interpor demanda

"Necesitamos un goberno que faga algo máis que chorar porque o Estado non nos dá a Galicia 700 millóns que son dos galegos", insistiu a portavoz nacional do BNG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG asegurou que as entregas a conta son só "unha parte da débeda" que o Estado ten con Galicia este ano e volveu a pedir ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que interpoña unha demanda xudicial contra a Administración estatal.

Despois de que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, avanzase que o Executivo vai actualizar as entregas a conta do sistema de financiamento antes do 10 de novembro, Pontón considerou "positivo" que se libere unha "parte dos fondos" pero subliñou que Galicia debe "esixir a totalidade".

En declaracións aos medios durante unha visita a Conxemar en Vigo, a xefa de filas do BNG insistiu en que "se o diñeiro é de Galicia e o Estado non paga, o que debería facer o Goberno galego é interpor unha demanda xudicial".

Neste sentido, asegurou que Núñez Feijóo "non pode simplemente estar no declarativo". "O Goberno da Xunta ten que actuar", subliñou.

Tras iso, Pontón considerou que o "debate de fondo" é que "o sistema de financiamento é inxusto". "Necesitamos un goberno que faga algo máis que chorar porque o Estado non nos dá a Galicia 700 millóns que son dos galegos", insistiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG - Arquivo
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG - Arquivo

Temas: BNG XUNTA GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta