As medidas da Xunta contra o cambio climático: colectivizar tractores e plans para adaptar a costa ante furacáns

Presenta un ambicioso plan para facer fronte as emerxencias climáticas e para reducir os gases de efecto invernadoiro entre 2019 e 2023. Mobilizará 1.250 millóns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2019 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

Plans para adaptar os puntos sensibles da costa e os portos galegos a cambios bruscos do clima, sobre todo, ante eventos metereolóxicos adversos, como cicloxéneses esplosivas ou grandes enchentas, ou plans para fomentar o uso da maquinaria agrícola en réxime colectivo. Son algunhas das medidas que recolle a Xunta nun ambicioso plan de loita contra o cambio climático que presentou este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Cambio climático
Cambio climático | Fonte: WWF España

O obxectivo é converter a Galicia nun "referente" en consumo de enerxías renovables e na reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro. Por iso, presentou un estenso grupo de medidas, 170 en total, que afectarán a todos os departamentos do Goberno galego e que mobilizarán 1.250 millóns de euros.

Entre estas medidas están axudas para o sector residencial e a rehabilitación de edificios para reducir a emisión de gases contaminantes e aumentar a eficiencia enerxética. Neste sentido, tamén se articulará un rexistro de eficiencia enerxética para todos os edificios de Galicia, así como incentivos fiscais para os que aposten por diminuir a contaminación atmosférica.

Para iso, a Xunta comezará pola casa e continuará con medidas de eficiencia enerxética nos seus edificios públicos e na adquisición de novos vehículos menos contaminantes. Tamén mellorará o sistema enerxético das deputadoras. 

PLANS PARA A COSTA

Ademais, entre os obxectivos marcados pola Consellería de Medio Ambiente están os de mitigar os devastadores efectos que o cambio climático, con condicións metereolóxicas adversas, está tendo na costa. Por iso, realizará plans para mitigar este tipo de fenómenos, principalmente, o impacto de cicloxénesis esplosivas, ou as enchentas, poden ter en zonas costeiras e nos portos galegos.

Tamén haberá outras medidas para o agro, entre elas, reducir as emisións contaminantes, como a posibilidade de colectivizar o uso da maquinaria agrícola entre distintos gandeiros ou agricultores, así como mellorar a xestión das cabanas gandeiras.

Por outra banda, tamén se recolle a posibilidade de minimizar a entrada de camións nas contornas urbanas, na chamada última milla, para evitar os efectos dos gases contaminantes nas grandes urbes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Colectivización de tractores? Qué opinan Cayetana e De Guindos? Feixóo volveuse estalinista?