Temas: XUNTA ABANCA BNG PP

A oposición insta a Xunta a paralizar o proxecto da universidade privada de Abanca

O PP defende que a Xunta "ten a obrigación de tramitalo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Na comisión celebrada este venres foi rexeitada, cos votos en contra do sete deputados do PP, unha proposición non de lei presentada polo Grupo Mixto, e emendada polo BNG, para paralizar a tramitación do anteproxecto para a creación dunha universidade privada auspiciada por Abanca a través da súa fundación.

A deputada de En Marea Paula Vázquez Verao lamentou "a falta de concreción no proxecto", que considerou "unha chapuza", porque "non hai programación de actividades e non define claramente a súa estrutura". A ela sumouse Olalla Rodil do BNG, quen reprochou a "tramitación extremadamente opaca", feito que apoiou a parlamentaria de Común da Esquerda María de Los Ángeles Cuña, quen lamentou a "opacidade impresentable".

Nesta liña, o deputado socialista Luís Manuel Álvarez Méndez sumouse ás críticas pola "opacidade" da tramitación do anteproxecto porque "resulta imposible saber se cumpre os requisitos do sistema universitario de Galicia". "Queremos coñecer cales son os extremos da creación desta universidade", reclamou para sentenciar que "unha universidade privada non é unha ONG, é un negocio".

Fronte aos grupos da oposición, o parlamentario popular Martín Fernández Prado defendeu o "claro compromiso" da Xunta "coa universidade pública" e indicou que lle "toca" tramitar a proposta "dunha fundación que xa está a impartir docencia privada en Galicia".

Deste xeito, destacou, que representa "unha das cinco comunidades que non ten universidade privada". "A Xunta ten a obrigación de tramitar un expediente", concluíu.

Oficina de Abanca na Coruña. Sede, logo. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca na Coruña. Sede, logo. ABANCA - Arquivo

Temas: XUNTA ABANCA BNG PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta