Presentan máis de 200 alegacións contra as novas autorizacións pedidas por Reganosa

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol denuncia que Reganosa "non só non se está cumprindo a lei, senón que estamos ante unha actitude delituosa por parte dos responsables ao permitir o funcionamento desta instalación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2019 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O portavoz do Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) para a ría de Ferrol, Manuel Rodríguez Carballeira, trasladou que foron presentadas alegacións por parte de 19 colectivos "contra as nova autorizacións solicitadas por Reganosa". Entre eles, atópanse confrarías de mariscadores, asociacións socioculturais, veciñais e formacións políticas, ademais de 250 cidadáns a título individual.

Ditas manifestacións realizounas na mañá deste venres durante unha rolda de prensa ofrecida no Ateneo Ferrolán, acompañado doutros integrantes deste colectivo, na que reiteraron que a planta é "unha instalación perigosa" que "carece de Declaración de Impacto Ambiental (DIA)". "Non só non se está cumprindo a lei, senón que estamos ante unha actitude delituosa por parte dos responsables ao permitir o funcionamento desta instalación", sinalou.

O portavoz do CCE explicou que as alegacións se basean en que toda a documentación que presenta Reganosa "está fóra de tempo, non respecta a lexislación vixente" e está "incompleta", e na instalación está situada "a escasos metros" dos núcleos de poboación.

"Despois dos anos que leva en funcionamento esta planta, esta instalación é onerosa para os cidadáns, xa que nos custa máis de 600 millóns de euros que levamos pagos, e deficitaria, xa que o ano pasado non superou nin o 25% de funcionamento".

O portavoz deste colectivo cidadán apuntou que "é unha mentira" que a transición enerxética da descarbonización se teña que facer a través doutra enerxía fósil como é o Gas Natural, "xa que a pesar deste nome, o 80% da súa composición é gas metano, que facilita o efecto invernadoiro".

DENUNCIA

Manuel Rodríguez incidiu en que expuxeron ante a Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galicia unha denuncia "ante a inminente entrada dun buque gasero na ría de Ferrol" dado que están "ante unha instalación que carece de autorización algunha en vigor, para o seu funcionamento".

Por último, asegurou que mantiveron un encontro co comité de empresa de Reganosa, aos que lles trasladou o seu punto de vista do asunto. "O que si expomos, e estamos cos traballadores, é que os socios de Reganosa, onde a Xunta, como socia e accionista, ten que garantir a recolocación e os postos de traballo unha vez peche esta instalación", sentenciou.

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta