Morre afogado un home nunha praia de Carnota

A pesar de ser evacuado nun helicóptero, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 06/10/2019 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Un home faleceu esta tarde afogado na praia do Ancoradoiro, en Carnota, segundo informa o 112.

Helicóptero de salvamento
Helicóptero de salvamento | Fonte: AXM

Segundo fontes consultadas por GC o home era de Lariño e, por razóns que se descoñecen, foi arrastrado pola corrente. A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia e de que foi rescatado con vida polo helicóptero Helimer Galicia, que o trasladou a Cee, os médicos só puideron certificar o seu falecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta