Multas por coidar dos animais

O Concello de Santiago multou xa a dúas persoas por dar de comer a animais abandonados, unha delas, unha xubilada á que se lle impuxeron 735 euros de penalización, máis do que cobra mensualmente. A asociación Abeiro pide axuda para esta muller.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2012 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Foi o bipartito PSdeG-BNG quen aprobou unha normativa que permite sancionar económicamente a aquelas persoas que dean de comer a animais que se atopan na rúa. E, en base a esta normativa, xa hai dúas persoas multadas.

Se no ano 2010 foi unha veciña de Santiago a que tivo que facer fronte a unha multa de 750  euros por este motivo, agora, outra veciña da cidade, unha muller maior de 80 anos, é a que ten que pagar 735 pola comisión do mesmo "delito".

Axuda

Por iso, a asociación pola protección animal ABEIRO pide, novamente, a retirada desta lei, e que se penalice ás persoas que maltraten os animais e non ás que os axudan. "A primeira consecuencia desta medida é que esta persoa xa non se atreve a alimentar a eses gatos e gatas que dependían dela, polo que xa podemos imaxinar o destino que poden sufrir estes animais".

Por outra banda, a multa que se lle aplica 735 euros, é moi superior á pensión que percibe mensualmente. Por iso, piden aos veciños de Santiago a mostrar a súa solidariedade con  Carmen Mallo , rexeitando este tipo de medidas "represivas", e solicitando ao concello que leve a cabo outras prácticas de benestar animal "máis acordes co tempo no que vivimos". A"gardamos que o concello retire a multa, de non ser  así, solicitamos a colaboración cidadá para axudar a esta muller", suliñan. A xente que o desexe pode realizar a súa aportación na conta da asociación Abeiro, indicando "axuda a Carmen Mallo" , no número  0128 0110 21 0100041331, ou ben persoalmente na Tenda Vegana Herbas, na rúa Pitelos 26, baixo, de Santiago.  

A lei

Esta asociación sinala que a lei de protección animal no artigo 20,  apartado f) considera  unha infracción leve  non facilitarlle a alimentación adecuada as súas necesidades(falando dos animais). "Pois ben, dacordo coa lexislación, o sr. Currás debería poñerlle unha multa ao concelleiro responsábel desta situación  por non facilitar a alimentación axeitada aos gatos e gatas que viven nas nosas rúas,  e mesmo impedir que veciños e veciñas da cidade cumpran con este punto da lei".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 DigoEu

¿Entón hai que deixar morrer os gatos? É como as normativas de prohibir a mendicidade, ¿os que fan esa normativa van dar un emprego digno aos que piden esmola? ¿Que se pretende? Pura hipocrisía.

1 Caritativo

Somos moi "humanitarios". Eu, por razóns que non teño por que contar aqui, xa percorrin paracticamente toda a U.E (menos Grecia, as republicas bálticas, Polonia e Eslovaquia) e en ningures se ve o que aquí; sémaforos cheos de mendigos que non son nin galegos, nin españois; nin tan siquera de subsaharianos ou do magreb. Son dunha zona en concreto que chagan a españa como destino final. Non paran polos países que percorren hasta chegar aqui (e son uns cuantos). Nos países que temos como referentes rechazanos. Pois eso, suigamos sendo humanitarios.

2 Espantado

É moi fácil ver uns gatos pola rúa e botarlle unha puca comida. Despois reproducénse...e reproducénse...etc. pero despois que os coide María Santísima. Os Animáis, cada un que coide os seus.

3 Espanta2

A todos esos que estas nombrando, levos para a túa casa. Eso é o compromiso, o demáis é hipocresía. Todo eso, sin control, é propio do terceiro mundo e defendelo a cara tapada nun foro, unha hipocresía.

4 AiMeuDeus

Esto coa intervención que fala da irresponsabilidade. Descoñezo o caso concreto desta muller. Pero eu vivo onde tamén se lle da de comer aos gatos. E dende que ocurre iso as que aparecen son ratas grandes coma cans. Porque os gatos xa non van por elas. E medran ata que mesmo lles comen aos gatos o que as persoas benintencionadas (e cabezonas, porque llo temos dito ata a afonía) lles deixan.