Temas: PONTECESO

Os veciños do edificio desaloxado en Ponteceso poderán volver cando as obras do baixo estean "ben apontoadas"

Por E.P. | Ponteceso | 07/10/2019 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Os veciños do inmoble desaloxado esta fin de semana debido a unhas gretas no municipio de Ponteceso (A Coruña) poderán regresar nas próximas horas ás súas vivendas unha vez que as obras que levan a cabo no baixo, que foron paralizadas, estean "ben apontoadas".

Lugar 0nde foi desaloxado un edificio en Ponteceso
Lugar 0nde foi desaloxado un edificio en Ponteceso | Fonte: Goole Maps.

Así o explicou o concelleiro de Seguridade de Ponteceso, Faustino Santiago, tras a inspección realizada este luns por un técnico das obras que o dono realiza no baixo do inmoble e que foron paralizadas ao non contar con permiso municipal.

Na mañá deste luns un técnico acudiu ao edificio e, despois de abrir o dono, avaliou o estado das obras, tras o que lle comunicou que deben ser "ben" apontoadas.

Unha vez se leve a cabo esta medida, se o técnico emite "informe favorable" deses traballos de apontoamento, destacou o edil, os veciños desaloxados poderán regresar aos seus domicilios.

O concelleiro de Seguridade, así mesmo, confirmou que as obras no baixo permanecerán paradas ata que se emita o oportuno permiso municipal, xa que os traballos non contan con esa autorización.

FEITOS

Foron residentes do inmoble os que contactaron coa central de emerxencias do 112 cando pasaban das 23,00 horas deste sábado polas gretas nun edificio que consta dun baixo que se atopa en obras e dúas plantas con dúas vivendas en cada unha, algunhas desocupadas.

Seguidamente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención dos membros do GES da localidade, que procederon a controlar a estrutura ata que os técnicos municipais acudisen a avaliar a situación, para que se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade.

Temas: PONTECESO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta