O PP rexeita unha moción para mellorar a educación porque iso "xa se avaliará" nas eleccións galegas

O PSdeG denuncia a "precarización" da docencia e a "inadecuada" planificación das obras, pendentes de finalizar no arranque do curso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Os populares rexeitaron este martes cos seus votos unha moción sobre educación --que incidía na planificación e a avaliación de programas, entre outras cuestións-- e defendeu, en resposta ao PSdeG, impulsor da iniciativa, que xa tiña información sobre as cuestións que formulaba e que, ademais, as políticas da Xunta serán "avaliadas" polos galegos nun ano.

A deputada popular María Antón ironizou con "a présa que lle entrou agora ao PSdeG por avaliar" e esgrimiu que falta un ano para as próximas eleccións autonómicas de 2020, onde serán os galegos os que "avaliarán" as políticas de Alberto Núñez Feijóo na Xunta, incluídas as educativas.

De feito, agregou que os galegos "sempre" dan o seu respaldo ás políticas populares. "É unha moción feita de cuestións xa abordadas e coñece todas as respostas de forma técnica", resolveu, a continuación.

En fronte, o encargado de defender a iniciativa foi o deputado do PSdeG Luís Álvarez, quen censurou as "decisións ideolóxicas" da Consellería de Educación que exemplificou coa supresión da gratuidade total dos libros de texto; ademais de afear a "precarización" da docencia ou a "inadecuada" planificación das obras, pendentes de finalizar no arranque do curso que supoñen non só "un trastorno" senón "un perigo" para alumnos e profesores.

A moción instaba á Xunta a presentar antes do fin deste período de sesións un plan de avaliación dos programas de experimentación e innovación educativa da consellería; tamén presentar antes do fin deste curso un plan de recuperación das condicións laborais do profesorado non universitario e "mellorar na planificación e xestión das obras" dos centros.

APOIO DA OPOSICIÓN

A parlamentaria do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña coincidiu coa exposición de Álvarez e avanzou que o seu grupo apoiaría a moción, á vez que acusou ao departamento autonómico educativo de "precarizar o servizo para precarizalo". Finalmente, rexeitou a "propaganda" e advertiu á Xunta de que proclamar que Galicia ten o "mellor sistema educativo do mundo" non significa que sexa "verdade".

Paula Vázquez Verao, de En Marea, tamén ratificou o respaldo do seu grupo e incidiu que o PSdeG se limita a propor "unha serie de ítems" que "xa deberían formar parte da xestión da Xunta". Na mesma liña pronunciouse Olalla Rodil (BNG), tamén favorable apoiar a proposta socialista.

Nenos nunha escola
Nenos nunha escola | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta