Vázquez Taín fará o Camiño Inglés coa ONG pola inclusión social 'Depende de Ti' desde A Coruña

O maxistrado é o delegado da ONG en Galicia, que traballa no campo da inclusión de menores, algúns deles sometidos a medidas xudiciais.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/10/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Unhas 300 persoas da Ong 'UP2Ou-Project Depende de ti', realizarán o Camiño Inglés desde A Coruña baixo a lema 'Camiño dos Valores'. Esta Ong está presidida pola maxistrada canaria de Menores Reyes Martel e o delegado en Galicia é  o maxistrado Jose Antonio Vázquez Taín.

Previamente, este mércores, na praza de María Pita, ás 18,00 horas, haberá un acto, presidido pola alcaldesa Inés Rey, que estará acompañada pola concelleira de Benestar Social, Yoya Neira. Coa delegación canaria desprázase a concelleira de San Bartolomé de Tirajana, Pino Dolores Santana, que entregará ao concello coruñés un recordo institucional.

A base desta ONG, de ámbito nacional, é traballar no campo da inclusión de menores, algúns deles sometidos a medidas xudiciais. Entre os menores, hai participantes de distintas autonomías, entre elas Galicia.

Todos os asistentes estarán aloxados no albergue de Gandarío, cedido pola Xunta de Galicia. A primeira etapa será o xoves dia 10: A Coruña-Sergude; o venres dia 11, Sergude-Hospital de Brétema; a terceira: Hospital de Brétema-Sigüeiro, e o domingo 13 Sigüeiro-Santiago, onde haberá outra recepción no Obradoiro ofrecida polo concello compostelán, con presenza do seu alcalde, Jose Antonio Sánchez Bugallo.

Vázquez Taín en Informe Semanal
Vázquez Taín en Informe Semanal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta